Showing posts with label painting. Show all posts
Showing posts with label painting. Show all posts

Tuesday, February 27, 2018

Hands in Exhibitions: "Quessada: Sociedade e represión"

Ata o vindeiro 4 de marzo podedes visitar na Sala de Exposicións Afundación en Ourense a mostra  Quessada: Sociedade e represión.

Xaime Quesada ("Quessada" por unha ironía del, pola vinculación a Picasso) é o último de sete irmáns dunha familia de artistas, nado na guerra civil e orfo de pai desde neno. Podedes ler a súa biografía completa aquí para afondar na súa admiración por Rembrandt ou Parada Justel; as súas viaxes polo mundo adiante, realizando exposicións en múltiples países e continentes; e a súa exploración de variadas técnicas (óleo, gouache, pastel, acuarela, gravado, augaforte, linóleo) e doutras artes (escribiu poemas, panfletos, ensaios, cartas abertas e novelas).



A exposición recolle cadros que manifestan a súa crua interacción coa realidade. Negros sen adulterar onde as sombras se confunden co obxecto evocado que nos fan recordar aos negativos dunha fotografía. O negro non é tanto o que se ve, senón o que se sente ante a inmensidade e a fragmentación: angustia, afogo e dor.


























Wednesday, February 7, 2018

Hands in Exhibitions: "Palace of the Holy Animals"

Okuda é un artista nado en Santander e afincado desde o 2000 en Madrid. Comeza no ano 1997 cun estilo claramente recoñecible, pintando na rúa, en vías e fábricas abandonadas da súa vila. Desde o 2009 produce obras máis íntimas e persoais no seu estudo, pero sempre mantendo o que el cataloga na súa biografía como "Surrealismo Pop" cunha clara esencia de rúa. Os seus traballos formulan as contradicións sobre o existencialismo, o universo, o infinito, o sentido da vida, a falsa liberdade do capitalismo, e amosan un claro conflito entre a modernidade e as nosas raíces.

Unha vez que ves unha obra de Okuda, identificas outras del ao momento: arquitecturas xeométricas e estampados multicolores que se funden con formas orgánicas, corpos grises sen identidade ou animais sen cabeza.

A súa linguaxe iconográfica é única e moi especial. Encaixa tanto a pé de rúa, como no remolque dun camión, na fachada dun edificio, no interior dunha igrexa ou na galería de arte máis chic

Tamén é singular o seu xeito de traballar. As súas obras adoitan ser de gran formato, pero el di: "No hago bocetos porque, con tantos proyectos como tengo, no tendría tiempo libre. Cuando estoy abajo, pienso lo que voy a hacer y me hago un esquema mental; y, cuando subo, lo ejecuto".




Podedes visitar as súas obras en India, Mali, Mozambique, EEUU, Xapón, Brasil, ... pero o que máis preto che queda agora é Madrid, onde será o artista invitado da XIII edición de Art Madrid, do 21 ao 25 de febreiro de 2018 na Galería de Cristal de CentroCentro Cibeles

As que aquí vos deixo son imaxes do Palacete del Embarcadero (Santander), dunha mostra que levaba o epígrafe "Palace of the Holy Animals" e que constituíu a primeira exposición individual do artista na súa vila natal. Nela puidemos facer un percorrido fotográfico polos seus murais recentes e por outra banda ver as súas creacións específicas para o Palacete, moi variadas tanto en temática como en materiais.














Para saber máis: 



Tuesday, December 5, 2017

Letters in Painting: Jack Vettriano

Heartbreak Hotel (2017) Jack Vettriano
According to the biography on his website, born in Fife (Scotland) in 1951, Jack Vettriano left school at sixteen to become a mining engineer. For his twenty-first birthday, a girlfriend gave him a set of watercolour paints and, from then on, he spent much of his spare time teaching himself to paint.

The painting in question, Heartbreak Hotel shows that a little heart-wrenching despair can go a long way for the creative mind. Vetriano is not alone in this sentiment. Many artists have experienced their greatest strokes of genius after love has been lost: Frida Kahlo painted some of her masterpieces reeling from the discovery of an unfaithful husband, and Claude Monet was able to capture the death of his beloved wife on canvas.

In this painting we feel the contained pain that runs through the man's body and pierces part of his soul. We find ourselves staring at the cigarette smoke, gasping for fresh air, hoping to see an escape exit. Maybe this pain is not physical and lives only in his psyche, but emotions collide to create what I consider an extraordinary piece. Melancholy, solitude, passion, and the excruciating pain caused by heartbreak. What are the contents of that letter that is about to slip from his hand? Is he mourning the loss of a beloved one? Is he heartbroken? Was he betrayed? Or did he break somebody's heart? The pain is certainly the same, but Vetriano has conveyed the disillusionment and sorrow of a broken heart and the dogged determination to move on and embrace life. The letter may drop to the floor, but his eyes will keep on staring and his fingers holding on to the cigarette.

Sunday, May 7, 2017

Letters in Painting: Valentin de Boulogne

Saint Paul Writing His Epistles (1618-1620) by Valentin de Boulogne

Today's painting depicts the Apostle Paul, a lover of letter-writing whose 13 epistles are collected in the Bible. The Letters of Paul are among my favourite. They address many dilemmas, presenting many well-reasoned arguments and tempered with loving thoughts.

The painting is attributed to Valentin de Boulogne, French (1591–1632), but also alternatively to Nicolas Tournier, French (1590–c. 1639).

Friday, January 27, 2017

Personal Correspondence: Maruja Mallo - Alfonso Reyes

Fonte da imaxe: http://www.epdlp.com/cuadro.php?id=2161
MOITO lle teño que agradecer a Anxo Vieites Salgado, o meu profesor de arte de COU. Non esquecerei xamais esas clases rigorosas e detalladas, coa arte como única protagonista, as obras maxistrais en filmina iluminando o salón de actos do IES Terra de Xallas: a ménade danzante, O chamamento de San Mateo, o matrimonio Arnolfini, o Partenón, as obras de Christo e Jean-Claude,... Saiamos da clase con síndrome de Stendhal e rematamos o curso coa sensación de ter vivido tanto!

Hai dez anos, volveu ensinarme, esta vez a través de miña irmá. Moito antes de que iso da clase invertida estivese de moda, as alumnas de arte prepararon unha exposición de mulleres artistas verdadeiramente ben feita e fascinante de ver. As rapazas, aparte de elixir as pintoras e as obras, facer o traballo de investigación, redacción e montaxe, eran tamén as guías, falando entusiasmadas de Frida Kahlo, Tamara Lempicka, e outras, entre elas tamén Dona Maruxa Mallo (1902-1995), unha feliz descuberta. Esa sensación de formiguiño ao ver por primeira vez os seus cadros enfeitizantes, cun aquel hipnótico que fai que non poidas deixar de miralos.

Seguinlle a pista a través dalgunha revisión da súa vida e obra como o programa de "Imprescindibles", vendo así a muller libre, independiente, talentosa, transgresora e anacrónica. Dicía que pintaba desde o asombro, desde a sede, desde unha sensibilidade profunda, e será por iso que cando miro a súa obra, se me desnuda a mirada e se me sincopa o corazón.

Quédavos aquí un estudo da súa correspondencia con Alfonso Reyes: trece cartas escritas sobre papel con caligrafía enrevesada, cartas que recollen as súas "pintorescas impresiones" en palabras de Alfonso Reyes, e que "despiertan en mí la viva emoción". Gozade!

Tuesday, January 3, 2017

Letters in Painting: María José Aguilar Gutiérrez

Cartas marinas
María José Aguilar Gutiérrez (1964) es una pintora sevillana que creció entre la bahía de Cádiz y la sierra de Jaén. En su página web dice sobre ella misma:

"Cuentan que, desde que aprendí a expresarme verbalmente, manifesté un ferviente e inquebrantable deseo: PINTAR
Mi profundo amor al ARTE transformó mi temprana vocación en mi carrera académica y profesional, un camino de continuo crecimiento, marcado por una constante búsqueda de la excelencia, en las formas y en los contenidos a través del esfuerzo.
LA PINTURA es para mí un excepcional CANAL DE COMUNICACIÓN sin fronteras, sin límites de tiempo ni espacio, capaz de establecer un continuo, inagotable y privado diálogo entre el que la contempla recreándola y el que la realizó sintiéndola, utilizando un lenguaje y estilo propios definidos bajo el título de REALISMO SIMBÓLICO."

Thursday, December 1, 2016

Letters in Painting: James Clarke White (II)

Another painting by the Australian artist James Clarke White (1832–1920), in this case with two characters (women again) who are engaged in domestic tasks while sharing the reading of a letter.

The Letter by James Clarke White

Wednesday, November 16, 2016

Letters in Painting: James Clarke White

James Clarke White (1832–1920), was an Australian painter. He was a very prolific artist, yet I was unable to find details about his life and work on the Internet.

In any case, here, once again as in many of the paintings we have included in this blog, a classical landscape with a woman holding a letter in the foreground. Is she the recipient or just the deliverer?

The Letter by James Clarke White

Tuesday, November 8, 2016

Letters in Painting: George Goodwin Kilburne (II)

Reading a Letter by George Goodwin Kilburne

George Goodwin Kilburne (1839-1924) was an English genre painter who we had presented in a previous entry, but here is another one of his pieces, also focused on letters. Here is a lady, engrossed in reading a missive, which from her countenance we can guess brings good news. 

Can you remember the last time you were really absorbed in reading some kind of correspondence you received? Wasn't it an enjoyable moment?

Thursday, October 27, 2016

Begoña Caamaño's Letter to Uxía

Grazas á recomendación de Ana Mosquera, estou a ler Morgana en Esmelle (2012), da escritora Begoña Caamaño (1964-2014). O xornal semanario Sermos Galiza recolleu neste artigo  a carta que Begoña Caamaño lle escribiu á cantante Uxía (1962) e que hoxe, no aniversario do seu pasamento, recuperamos na súa integridade:





A cantante Uxía leu no acto de despedida de Begoña Camaño esta carta na que a escritora transmite a súa alegría pola vida e o sosego diante dunha morte que sabe próxima. Recollemos a presentación de Uxía e, a seguir, a emocionante carta da escritora. A ilustración é o cadro de Leandro Lamas ao que se refire, agasallo das súas amigas naquel aniversario. 


"Creo que te engrandece tanto, que che fai xustiza, que expresa o xenerosa e linda que es, miña amada Bego".

Benquerida Bego: 

Pensei se optar polo silenzo ou só pola música, que como ben sabes, é sandadora e vital. Mais as palabras que ti tan maxistralmente usaches, tamén nos reconfortan moito e, ágora, nestes momentos da despedida, non vou citar nen fragmentos de 'Circe' nen de 'Morgana'. Vou achegar unha carta túa que levo no corazón este tempo todo e que hoxe quedo compartir con todas e todos porque creo que te engrandece tanto, que che fai xustiza, que expresa o xenerosa e linda que es, miña amada Bego.
E así te vou lembrar, así te queremos lembrar: frente ao mar, nun xantar nun piñeiral no verán da Illa de Arousa, rodeada de xente querida, co teu sorriso amplo e luminoso presidindo a xornada e toda esa rede de afectos que teceches cal incansábel Penélope. 

Esa tarde houbo moita música, baños xélidos, aloumiños, confidencias e as nosas mans e os nosos corazóns unid@s, para sempre. Querémoste, irmá…

A carta di así...

Querida Uxi: 
...
Eu levo xa tanto vivido, tanto aprendido, tanto amado e tanto amor recibido que non podo dicir que a miña morte sexa inxusta. Indesexada si, como todas...que me encantaría vivir outros 47 anos, tamén. Sempre temos apego a vida, sobre todo porque sabemos que, pese aos seus mil amargores, a vida compensa. 


"Ter tido unha vida tan boa, tan rica, tan chea en coñecementos, curiosidades e, sobre todo afectos, é un regalo. Ter medo á morte cando a vida foi tan rica e intensa é normal, pero morrer tras unha vida así é, en realidade, unha sorte"..

Pero Uxi, non vou mentir dicindo que por veces non teña medo e rabia, pero é máis pola incerteza que pola morte en si mesma. 

Putada, o que se di unha putada grande e real sería ter vivido unha vida de merda, estar dende os 6 anos furgando na basura dos vertedoiros de Antanaribo, ou dende os 8 turrando dunha vagoneta de carbón en Bolivia, ou dende os 11 pechada nun burdel de Bankog!. Ter unha vida tan miserable que che fai desexar a morte como un alivio.

Iso é a gran putada...e hai millóns de persoas que sofren a vida, porque realmente a sofren, cada día. Ter tido unha vida tan boa, tan rica, tan chea en coñecementos, curiosidades e,sobre todo afectos, é un regalo. Ter medo á morte cando a vida foi tan rica e intensa é normal, pero morrer tras unha vida así é, en realidade, unha sorte...cánta xente morrería só por ter a metade do que eu tiven....


Polo demais, Uxía ben amada, ata nestas circunstancias, aínda que pareza estrano, son feliz, por moi grande é absurda que soe a palabra felicidade. 

Gostaríame morrer como no fermoso cadro de Leandro Lamas co que me agasallastes...facer unha festiña tranquila, poder vervos a todas e todos, despedirme de cada unha de vós, partillar un brinde pola vida, escoitarte por última vez cantar o Alalá das Mariñas e logo adormecer...sen dor, sen estertores, adurmiñarme repousando no peito de Etxaniz, ir notando como o sono me vence, como a túa voz soa cada vez máis baixiña no meu corazón, como os vosos sorrisos se van desdebuxando, perdendo as vosas individualidades ata se convertir nun sorriso único, cálido e amable coma o sol nun día de xuño...e xa non despertar máis. 

Ese é o meu último, íntimo gran desexo. Egoista, sen dúbida, pois en absoluto me preocupa a "outra parte", vós e a vosa tristura e desconsolo. 

Mais a vida foi tan boa comigo, tan boa con todas vós que ata nos está dando o tempo preciso para nos ir facendo á idea e que o salto definitvo non sexa tan traumático nen tráxico, senón unha dor miúda, serea e calma..e que esteades todas xuntas, todos xuntos, para vos consolar mutuamente e, cando xa eu teña adormecido para sempre, volveredes a brindar por min, se é que vos parece que o merezo. 

Bicos, Uxi. Quérote pola vida.

Thursday, October 6, 2016

Letters in Painting: Rachel Deacon

Rachel Deacon graduated from Chelsea School of Art in 1991, and has since exhibited extensively in London, the UK and internationally. Her distinct style of work has grown enormously in popularity and she has been published by the Art Group and CCA Galleries who both distribute her work world wide.

Her imagery is derived from a carefully selected narrative, a short story, poem or extract from which she gains inspiration. Her work is not illustrative of that text, but freely interprets it and delights in the re-telling, the sentiment or idea. She explores dimensions, pattern and composition through drawings before presenting her view.

Her 'women' are self assured and provocative and often convey an inner strength suggested within the text. Naturally, through her inspiration, her paintings have a sense of narrative within them and are thoughtful or seductive, with quiet dignity and a timeless quality.


The Letter (2012-2014) by Rachel Deacon

Tuesday, September 27, 2016

Hands in Art: Remedios Varo

Gracias a la serie de documentales Imprescindibles (La 2), podemos conocer a algunos de los personajes más destacados de la cultura española del siglo XX. En concreto, este programa estuvo dedicado a Remedios Varo (1908-1963), una pintora que  vivió en la parte más convulsa del siglo XX, abrazó el surrealismo en París y luego alcanzó su estilo personal en México.


Fuente: www.rtve.es

Os queda el enlace y os invito a ver el documental y a descubrir la fascinante obra de esta artista "creadora de imágenes subyugantes" cuyos cuadros "son novelas" en palabras de Zoe Valdés.

Creación de las aves (1957)

Armonía (detalle)

La despedida (1958)


"Siembren en mi tumba un eucalipto"

(Remedios Varo)


Saturday, September 24, 2016

Words in Exhibitions: "To Be Political It Has to Look Nice"

A obra de Stefan Brüggemann (Cidade de México, 1975) insérese na tradición conceptual que toma como base a linguaxe, as palabras e as definicións para abordar aspectos sociolóxicos e culturais dun xeito diferente. 
Foto de Jean-Luc Moulène
Obriga ao espectador a reler a linguaxe que caracteriza a nosa civilización contemporánea e ollar o entrenzado da alta cultura coas culturas populares. Cruza os símbolos e as iconografías visuais da historia da arte con soportes de aglomerado, graffiti e aerosois, levándonos a examinar as contradiccións lingüísticas da vida cotiá, poñendo en cuestión a rixidez do politicamente correcto pola falsidade e a hipocrisía que contén.

A exposición que desenvolve Brügemann no CGAC, To Be Political It Has to Look Nice , que podedes visitar ata o 16 de outubro, constitúe unha crítica ás convencións da arte política, sometida ao servizo dunha corrección ideolóxica.


A continuación déixovos unha escolma de fotografías xunto con algún comentario tirado do folleto da exposición e extractos da entrevista de Jérôme Sans ao artista.


Na primeira sala da exposición as paredes que circundan o espazo baleiro foron empapeladas cunha diminuta frase - Conceptual decoration (2008-2016) -, case unha contradición, un oxímoro, que abre un dos debates cruciais da arte actual: a fricción entre unha arte de ideas, conceptos e protestas de acción e unha arte da pintura á que se sinala como responsable do decorativo. Conceptual Decoration é unha autodefinición da obra, unha descrición, pero sinala tamén os modos e as actitudes decorativas que asumiu hoxe a arte conceptual.


Timeless (2016) é unha peza monumental: un gran muro de espellos sobre os que o artista interveu con graffiti e pintura branca. Unha parece luxosa onde se plasmou o xesto extremo da rebeldía. Fusión e fricción entre a representación do luxo e, máis que a vontade, o xesto de aldraxar.


 "Creo que a linguaxe é moi importante na nosa sociedade, é unha forma de comunicación, e coido que este século foi definido pola comunicación e non polo contido, que forma parte do relato. O noso século presenciou un estoupido do vehículo da comunicación pero o contido é o eu que, unido a outros eus, forma unha ideoloxía común
(Stefan Brüggemann)




"A miña arte está na liña do pop conceptual, que son dúas ideas que se contradin. Ao final podería ser publicidade pero tamén podería ser política, pode ser abstracta. Ten múltiples formas" 

 (Stefan Brüggemann)




"Para min iso é tamén un acto importante da escritura: o momento en que temos moitas mensaxes, unha enriba doutra, e todo se volve abstracto. Un texto pódese converter en algo abstracto. Pasa o mesmo coa sociedade actual. Temos moita información, pero ese cúmulo de información volve o mundo abstracto. Vivimos nunha época abstracta"
 (Stefan Brüggemann)




"Creo que a abstracción ten máis poder hoxe en día. As palabras e as imaxes xuntas vólvense moi poderosas, fusionándose para seren relevantes a través da abstracción. Porque a abstracción é algo que non entendemos e non coñecemos. É algo intuitivo. Agora mesmo o mundo está nese estado: pura intuición e pura abstracción"
 (Stefan Brüggemann)


"... Por iso me gusta a idea do espello porque reflicte o que é a sociedade, e neste mundo capitalista reflicte a especulación. Pode comentar sobre a configuración do presente e determinar que é o que vai vir despois, como se comportarán as cousas, cara a onde irá o mercado, onde se atopan os nos investimentos, que decisión hai que tomar para ter éxito e sobrevivir"

(Stefan Brüggemann)