Showing posts with label Fernando Abascal. Show all posts
Showing posts with label Fernando Abascal. Show all posts

Monday, March 12, 2018

Realm of Books (II): Librería Gil


Grazas a un artigo da Jot Down, descubrín a Librería Gil en Santander. Forma parte de "Librerías con Huella", xunto coa Oletvm en Valladolid, Librería Luces en Málaga e Librería Cervantes en Oviedo. Esta iniciativa permítelles conectar e ampliar o catálogo, prestar con rapidez libros entre si e financiar proxectos.

A libraría leva uns 51 anos de andadura e hoxe en día ten catro puntos de venta na cidade. No artigo mencionaban que aspiran a manter o espírito do principio: "ser unha libraría de fondo, con interese concreto na narrativa, o ensaio e a poesía", facendo fincapé no apoio a editoriales pequenas, ás independientes e alternativas, e ás hispanoamericanas (arxentinas, chilenas e mexicanas).




O local que vedes nas fotos, o da praza Pombo, é precioso. Noutrora foi unha garbancería pero a reforma que se levou a cabo respectou os piares e os elementos clave do edificio e conserva a súa estrutura orixinal case intacta.



É un lugar vibrante onde se percibe o esforzo por presentar os libros con gusto e con mimo. Cando nós a visitamos, no segundo andar tiñan unha colección de libros de mapas e xeografía literaria a cada cal máis bonito. Nas mesas centrais, libros variadísimos recomendados con etiquetas douradas.






O persoal da libraría aténdeche sen présas, independentemente do número de persoas que haxa facendo cola. Cada libreiro/a ten o seu ámbito de especialización e vese que gozan demorándose en guiarte polos diferentes recunchos do establecemento, falando das editoriais e de autores, sobre todo cando se trata dos locais. Gustaríame agradecer especialmente a María as súas recomendacións lectoras - encantáronme os poemarios de Ana García Negrete (de quen xa vos fun deixando poemas nesta bitácora) e Fernando Abascal (tedes algunha mostra dos seus textos aquí).




Ata hai pouquiño tiñan unha colección de fotografías Librerías del Mundo: instantáneas que lles ían mandando clientes e amigos/as cada vez que viaxaban a algures e se lembraban deles. Agora mesmo xa retiraron esta exposición (podedes ver os restos na fotografía de enriba), pero seguen publicando as fotos no seu perfil de Facebook




Para saber máis:

Monday, February 19, 2018

Books in Exhibitions: Faro de Cabo Mayor

Na mañá, a "novia del mar" que cantaba Jorge Sepúlveda ergue sedutora a tea de organdí que cobre os seus encantos. O sol vai iluminando recunchos e confunde os límites co centro, a barreira co infinito. 

Santander convoca vagallóns para destruír recordos e vendavais para salgar a súa rosa dos ventos. Mesmo a serea acompasa o seu canto co bruído do mar irado. Atordoados polo inusual concerto, buscamos amparo na solidez dos faros, na súa xeometría vertical, onde participamos da súa maxestuosa soidade e do diálogo cromático coa paisaxe. 

Faro de Punta de la Cerda
Faro de Mouro
Serea réplica do mascarón de proa do barco do navegante e cartógrafo Juan de la Cosa

OLA: 
Una pulpa constante, danza que llega y traspasa, reproducida nada.Azul el centro y, en lo más alto, una extraña blancura. Pensativa, coronada, se deshace el agua (Fernando Abascal) 


EL TIEMPO INMÓVIL
Y dentro de lo visto, se rige por la herida el tiempo inmóvil
como un viento simple y sin adornos, una espuma sin motivo
que desmorona con cuidado el espacio quedo de la única luz culpable.

(Juan Antonio González Fuentes)
Faro de Cabo Mayor

II
Detrás de cada endeble frontera, cada límite
deja desnudo a quien lo palpa.
Con delicadeza, a veces
(Marián Bárcena)


EL LÍMITE               DE LA RUTINA
Bajar los plomos,
cortar el agua,
cerra la puerta de tu vida al menos quince días,
llenar el depósito de un puñado de viejas esperanzas
y lanzarse, como un héroe cansado, a la autopista.

(Marcos Díez Manrique)









HORIZONTE
El horizonte. Arquitectura.
La línea que sostiene el aroma y la esperanza.
Respira tanto adiós delante de tu rostro.
Pero esa línea.
La dulce larva del regreso.
(Ana Rodríguez de la Robla)

(Todos os poemas son do libro  Límites (2008), editado pola Autoridad Portuaria de Santander).