Showing posts with label John Berger. Show all posts
Showing posts with label John Berger. Show all posts

Tuesday, August 28, 2018

A Day of Words: Viaxe improvisada 1910. Parque do Pasatempo



“I know this much: that there is objective time, but also subjective time, the kind you wear on the inside of your wrist, next to where the pulse lies. And this personal time, which is the true time, is measured in your relationship to memory.” 

Ás agochadas, á mantenta,  con crueldade e sen querer... pasa. O do reloxo e o do pulso. O das agullas e o das veas. 
A memoria, cómplice, enguedella latexos e tic-tacs. Cunha calma atroz, císcaos por onde lle peta. 
E nós, inocentes buscadores de instantes sentados do revés nun tren que xa pasou polo que estamos a ver. 
Berger tiña razón: como casar o que se sabe co que se ve? 

Cartel ©José Souto
Con mimo e dedicación, a xente da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, coa colaboración do Concello de Betanzos, organizou o pasado sábado 24 de agosto unha romaría indiana con coches de época, pregón, xogos populares, concertos, fotografía e visitas guiadas.

Suso Martínez foi o encargado de dar o pregón

O cartel de José Souto Santé é toda unha metáfora: Juan García Naveira mirando o seu reloxo de faldriqueira para ver se lle é hora de resucitar para esta romería indiana. Ou é que estará contando o tempo que lle queda ao "capricho de un indiano"?

Ineludiblemente, pasa o tempo por nós e tamén polos lugares que habitamos, ese tecido comunitario alén do noso pequeno nicho que chamamos fogar. Os efectos da idade fanse notar e cómpre unha labor de reparación e conservación para manter e proxectar cara ao futuro a relevancia dun espazo máxico e singular como é o Parque do Pasatempo.


Visita guiada a cargo de José Souto
O parque hai que miralo, como dicía Berger, relacionando o que se sabe co que se ve. E non é fácil porque hai cousas que non sabemos, e por outra banda, no Pasatempo ás veces hai cousas que non se ven ou que hai que mirar doutro xeito.

A filosofía subxacente é a liberdade, o poder de elixir. Sempre hai un par de escaleiras, dous camiños ou varias opcións. Dá o mesmo por onde vaias - ao final has chegar ao destino. Porén, para os que descoñecemos os detalles da historia e do contexto, a sensación pode resultar desconcertante, como a de estar dentro dun cadro de Escher.

A xira de José Souto levounos polo "camiño da luz" que xa anticipara Suso Martínez no seu pregón. Co seu foco foi ensinándonos a mirar, iluminando serpes enroscadas, unha boca do inferno que tamén é peixe, figuras de animais agochadas nos muros, cunchas que noutrora relocían, masóns que esconderon as súas pegadas aquí e acolá, as 33 plumas dunha ave, un buzo con afán didáctico, un león dinamitado, pedras misteriosas, un escultor que reinventou unha peza, plantas invasoras, cervos sen cornamenta ou nenos sen pernas que xa non se ven.

Non faltaron tampouco lendashistoria e contexto nun roteiro que foi tamén descuberta, viaxe e aprendizaxe, moi ao modo masón. Ben falemos de tres niveis, ben de trinta e tres graos, para coñecer os segredos do parque non abonda cunha soa visita. Como moito, pasaranos como cando estamos no interior dun dos pozos, podemos entón mirar cara arriba e ver as terrazas que hai e ser conscientes de todo o que nos queda por descubrir aínda.

Neste xogo semidisparatado de Jumanji á galega que nos propoñen desde o Pasatempo, a todos nos toca xogar e tirar os dados nunha partida onde as claves ben se nos amosaron o sábado: Sostibilidade, comunidade, coñecemento, beleza e diversión.

(De seguido deixo unha pequena colección de fotos da miña primeira visita ao parque en outubro de 2015).















Para saber máis:
  • O blog Parque Pasatiempo
  • O blog do ilustrador José Souto Santé
  • Noticia sobre o evento na CRTVG (25/08/2018)
  • Noticia sobre o evento en La Voz de Galicia (25/08/2018)
  • Reportaxe de La Voz de Galicia (25/08/2018)
  • Reportaxe sobre o evento en El Ideal Gallego (25/08/2018)
  • Noticia sobre o evento en La Opinión (24/08/2018)
  • Entrada na web do Concello de Betanzos (24/08/2018)
  • Noticia sobre o evento en Cadena Ser (24/08/2018)
  • Noticia sobre o evento en El Ideal Gallego (23/08/2018)
  • Noticia sobre o evento en La Opinión (15/08/2018)
  • Noticia sobre a declaración do Parque do Pasatempo como BIC (20/03/2018)

Wednesday, April 20, 2016

Letters in Poems: John Berger

Agradezo a Alejandro Amor que me prestase un libro moi feitiño, nunha coidada edición bilingüe inglés-español e acompañada dun CD coa suxerente voz do poeta lendo os seus textos. Trátase de Poesía, do polifacético John Berger (1926), que describe neste artigo os poemas contrapoñéndoos aos contos: "Todos los cuentos, dice, tratan de alguna guerra —terminan en victoria o derrota— mientras que los poemas atraviesan el campo de batalla socorriendo a los heridos y escuchando a los que deliran. Por eso están más cerca de las oraciones, porque ofrecen algún tipo de paz".


Este poema, "Voyage" fala dunha carta, do seu contido e das emocións que desencadena no receptor, un mariñeiro.


VOYAGE

A sailor receives a letter
from a thousand versts away. 
His wife has written 
that in their house
beyond the cliffs 
she is happy.

And this is of her letter
during evenings with girls 
in untranslatable ports,
through the sea of the months
persuades the cursing sailor
that his never-ending voyage will end.

VIAJE

(tradución de Pilar Vázquez)

Un marinero recibe una carta
que ha recorrido mil verstas.
Su mujer le escribe 
que en la casa
sobre el acantilado es feliz.

Y de la carta es este es 
durante noches con muchachas
en puertos intraducibles
por el mar de los meses
lo que convence al blasfemo marinero
de que su interminable viaje
va a tener fin.