Showing posts with label Arthur Conan Doyle. Show all posts
Showing posts with label Arthur Conan Doyle. Show all posts

Saturday, October 13, 2018

Epitaphs (XXIV): Posthumous Letters in Edinburgh (I) Dean Cemetery




Dean Cemetery foi un descubrimento azaroso e sorprendente. Aberto no 1846, é un lugar ideal para repasar a historia da cidade, xa que aquí se dan cita avogados, filósofos, artistas, académicos ou veteranos de guerra de campañas na India ou en África. 

Atopamos neste camposanto a David Octavius Hill, pintor e pioneiro da fotografía; ou a tres membros dos "Colourists"(JD Ferguson, Samuel Bough e Francis Cadell), un grupo de artistas escoceses que lle prenderon un par de faíscas ao mundo artístico aló polos inicios do século XX.

Tamén está a historia do Lt John Irving, que foi enterrado aquí 30 anos despois da súa desaparición na fatídica expedición Franklin ao Paso do Noroeste. Non moi lonxe del está a tumba de Robert Anstruther Goodsir, explorador do Ártico que morreu en 1895 tentando atopar aos homes de Franklin.

E por último, a historia curiosa de Joseph Bell, doutor e profesor, perspicaz ata o punto de diagnosticar a un paciente antes de que abrise a boca. Foi mestre de Arthur Conan Doyle e moitos din que  Bell, a súa sagacidade e dominio do método analítico, foron a verdadeira fonte de inspiración para o personaxe de Sherlock Holmes, unha historia na que se afonda no Surgeon’s Hall Museum.



















Hay quienes olvidan las durezas de la vida
-sus clichés, sus bloqueos, sus embargos-
y deciden asfixiar sus miedos con una soga
elusiva de seda.

Que lloren los cementerios olvidados
por los indultos del hombre moderno.

Thursday, April 28, 2016

Letters in Short Stories: "The Purloined Letter"

Arthur Conan Doyle, Agatha Christie e Edgar Allan Poe, por esta orde, acompañáronme nos anos de preadolescencia e proporcionáronme  agradables momentos de suspense e misterio tentando xogar aos detectives e adiviñar o desenlace ou outros máis inquedantes de terror e medo. Máis tarde, durante a carreira, puiden ler as súas historias e poemas en inglés, e foi unha experiencia máis gratificante sobre todo a nivel estilístico e lingüístico, pois Poe tiña unha gran paixón pola lingua, un desexo de revitalizar palabras pouco comúns e mesmo crear outras novas (podedes ver exemplos nesta páxina).

E por suposto, tamén Poe dá protagonismo as cartas,  por exemplo nunha das súas historias "The Purloined Letter" ("A carta roubada", 1844). Esta é a terceira das súas historias detectivescas (a que el consideraba a mellor) onde aparece C. Auguste Dupin e xunto coas outras dúas ("The Murders in the Rue Morgue" and "The Mystery of Marie Rogêt"), considéranse as predecesoras do xénero detectivesco moderno.

O curioso epígrafe da historia Nihil sapientiae odiosius acumine nimio ("Nada é máis odioso á sabiduría que a intelixencia excesiva") é atribuída a Séneca aínda que non se atopa na obra do filósofo estoico, de feito pertence ao tratado de Petrarca "De Remediis utriusque Fortunae", e vén dicindo algo así como "Non me sexas tan agudo, tan listiño". Abre a historia de modo moralístico e Dupin ben podería aplicarlle esas palabras ao Minister D, o "unprincipled man of genius" a quen a súa intelixencia extrema lle fixo perder o bo xuízo pois está tan obsesionado coa intelixencia demostrada no roubo e no escondite que se lle pasa por alto a estupidez de sobornar a unha dama da realeza.


A historia en si, coma o título indica, xira en torno a unha carta roubada a unha muller, e persoalmente, creo que vos recordará un pouco a "A Scandal in Bohemia" (1891), pero iso gardámolo para outra entrada. 

Aquí vos queda tamén unha adaptación do 1949 a unha serie de televisión, Suspense, iso si, sen os flashbacks nin a riqueza da historia orixinal de Poe.