Showing posts with label Paul Éluard. Show all posts
Showing posts with label Paul Éluard. Show all posts

Monday, October 2, 2017

The Heart in Poems: Paul Éluard



(Tradución de Laurence Brault e Helena González)

A PALABRA

Teño a beleza fácil e é unha sorte.
Escorrego no teito dos ventos
Escorrego no teito dos mares
Fíxenme sentimental
Xa non coñezo o conductor
Xa non me movo seda sobre o xeo
Estou doente flores e seixos
Gústame o máis chinés nas nubes
Gústame a máis núa con desvíos de paxaro
Son vella mais aquí son fermosa
E a sombra que baixa das fiestras profundas
Salva cada serán o corazón negro dos meus ollos

LA PAROLE

J'ai la beauté facile et c'est heureux.
Je glisse sur le toit des vents
Je glisse devenue sentimentale
Je ne connais plus le conducteur
Je ne bouge plus soie sur les glaces
Je suis malade fleurs et cailloux
J'aime le plus chinois aux nues
J'aime la plus nue aux écarts d'oiseau
Je suis vieille mais ici je suis belle
Et l'ombre qui descend des fenêtres profondes
Épargne chaque soir le coeur noir de mes yeux.

En Capital da dor (1997)

Saturday, February 25, 2017

Hands in Poems: Paul Éluard

Je te l’ai dit pour les nuages
Je te l’ai dit pour l’arbre de la mer
Pour chaque vague pour les oiseaux dans les feuilles
Pour les cailloux du bruit
Pour les mains familières
Pour l’œil qui devient visage ou paysage
Et le sommeil lui rend le ciel de sa couleur
Pour toute la nuit bue
Pour la grille des routes
Pour la fenêtre ouverte pour un front découvert
Je te l’ai dit pour tes pensées pour tes paroles
Toute caresse toute confiance se survivent.

Monday, May 23, 2016

A Weekend of Words

“We live and breathe words.” 


E nesta fin de semana previa ao comezo dos exames, como dicía Cassandra, vivimos e respiramos palabras da man ao corazón. Queredes velas? 

Primeiro, seguindo as pegadas de Manuel María e o seu Cantigas e cantos de Pantón (1994), nun roteiro literario que nos levou por Ferreira de Pantón, o seu mosteiro cisterciense, San Fiz de Cangas, San Vicente de Pombeiro, Santo Estevo de Atán, San Miguel de Eiré, Nosa Señora dos Ollos Grandes de Augas Santas e os miradoiros da Guítara e do Torrón, todo explicado por unha PROFESORA de admirable elocuencia e simpatía, Flora Enríquez.

Non vos deixo fotografías do roteiro, se queredes descubrir a beleza destes lugares, recoméndovos unha visita, pois as fotos non lle fan xustiza. Non hai mellor ano ca este, adicado a Manuel María, para facela. O que si vos deixo é unha pequena mostra das marcas ou siglas de pedreiros/canteiros que existen nas edificacións que vos indiquei. Estas marcas empregáronse principalmente na Idade Media e o Renacemento en castelos, igrexas, palacios e pontes para identificar a autoría do traballo, e así poder determinar o valor a pagar a cada canteiro; mentres outras servían para indicar a posición en que a pedra debía ser colocada na obra. Unha peculiar forma de caligrafía en tres dimensións que a gliptografía atopa interesante.




Mochetas que suxeitan o tímpano de San Miguel de Eiré (S.XII): unha manciña xunto aos símbolos dos evanxelistas
Outro pequeno tesouro, mellor aínda por inesperado, foi esta libraría comunal en Ferreira de Pantón. Coñecédelas? As "Little Free Libraries" son un punto de intercambio de libros de forma gratuíta: o principio é "colle un libro e deixa outro". Hainas de moitos tipos e tamaños, pero a máis común é a  de formato coma o da fotografía, e das que teño visto moitas en Inglaterra e Estados Unidos, mesmo en Francia, pero é a miña primeira en Galicia e... que emoción tan grande sentín cando a vin! Os intercambios de libros teñen un toque único e persoal: Vemos o que len os vecinos, o que lles gustou tanto que o queren compartir cos demais - son pequenas prazas públicas en si mesmas. Morro por ver moitas máis destas nos nosos concellos!




E onte, domingo 22, pechouse a 34ª edición do Festiletras da man da Fundación Eduardo Pondal na aldea do Couto, cun variado programa cultural que durou oito días. Foi un luxo de luz, hospitalidade,  recendo a xardín, caras de vellos coñecidos (José María, Uxía) e novos descubrimentos.




No propia sé da fundación había dúas exposicións de Viki Rivadullaunha de pintura, "Ser outra cousa" e outra de escultura, "Matria", da que vos deixo as miñas dúas pezas favoritas por estar relacionadas coas mans e coa palabra.

As mans de Francisco Miguel (2016) de Viki Rivadulla

A voz de Uxío (ou aquilo que nos move) (2016) de Viki Rivadulla
Por outra banda no exterior había unha pequena pero excepcional feira de artesanía. Como non, aló me fun, directa a todo o relacionado cos libros e o papel e... que cousas e, sobre todo, que xente me atopei! Permitide que vos presente:


Marina Seoane, escritora e ilustradora 
Marina Seoane escribiu e ilustrou cinco contos propios e ilustrou outros 240 títulos. Como vedes na imaxe, tamén tece nun pequeno tear e vende as súas creacións, ademais de camafeos e marionetas, aínda que a min o que de verdade me namoraron foron as súas ilustracións en forma de postais, que podedes ver na súa bitácora.


Volvemos atopar a Lara de Empaquetando Ando, que coñecemos o ano pasado nos Cantóns da Coruña, en Viñetas desde o Atlántico. Invítovos tamén a visitar a bitácora onde nos explican como fan estes singulares cadernos pintados a man con papel reciclado de imprenta.


Outro fermoso descubrimento foi esta colaboración entre dúas artistas: unha recicla ela mesma o papel e outra ilustra as súas creacións. As ilustracións están inspiradas na nosa cultura tradicional ou en fotografías das súas viaxes, como podedes observar nas entradas detalladas da súa bitácora conxunta. Mirade por exemplo, o caderno de animación ao debuxo e á escritura que vedes na fotografía. Non só ten un exterior moi atractivo, senón que dentro ten debuxiños e actividades de iniciación á escrita creativa, coma esta"Unha fada veu un día a agarimar o meu sono..." que o/a neno/a pode continuar a escribir. 

E para os que coma min coleccionedes marcapáxinas, pois levádela clara, porque estes son de papel reciclado artesanal tamén e con deseños moi bonitiños.

Liberdade. Grupo surrealista galego, de Manchea


Foi un verdadeiro pracer coñecer tamén a Laura e Tono, de Manchea, que nos explicaron con todo detalle e entusiasmo as súas orixinais creacións. Mesmo a descrición que fan deles mesmos na súa bitácora é sobranceira: "en manchea facemos cousas a pedal, cando non, paseamos, miramos todo cos olhos pechados e soñamos con eles abertos". Que me levei da súa tenda? Unha cousa con palabras e que se poida compartir, claro: Liberdade. Grupo Surrealista Galego. Tono explicounos que a caixiña, delicada e elegantemente envolta en papel parafinado, "de carnicería", ilustrado, contiña 22 cartas con poemas de Paul Éluard (1895-1952) traducidos ao galego por Xoán Abeleira, ademais dun avión de papel no que está impreso o seguinte texto: "En abril de 1942, Paul Éluard editou o poema Liberté na colección clandestina "Poésie et vérité". Ese mesmo ano, a aviación británica espallou milleiros de copias sobre a Francia ocupada". Podedes ler o texto completo do poema na súa versión orixinal en francés aquí.

E tamén vedes as tarxetas postais "Máis Amor, por babor", inspiradas na proposta "Mais amor por favor" (2009) do artista brasileiro Ygor Marotta



Só unha irmá se tatuaría o nome do meu blog no seu delicado braciño. Un pouquiño de bonita caligrafía con الحناء

E non podería rematar a entrada sen falar da estupenda banda sonora da mañá, que veu da man de Caxade, banda de "Folp-Pok" como eles mesmos se definen, que escoitamos con deleite o pasado 10 de xaneiro na XI Implícate!, organizada pola ONG Implicad@s no desenvolvemento e que non decepcionaron co directo presentando maiormente temas do seu novo disco E isto é o amor, que xa podedes escoitar na súa web.

Tanto o repertorio musical coma a cercanía destes artistas, a interacción co público, entrega e amabilidade farannos recordar este concerto no Couto con cariño, e agradézolles especialmente aos integrantes de Caxade as palabriñas a man no meu disco-agasallo que ten agora aínda máis valor.


Con Manuel Paino (trompeta, zurdo coma min!), Xosé Tunhas (batería), Manuel Espinho (trombón) e Alonso Caxade (acordeón e voz)
Fotografía de Patri Fernández
A tarde despedíanos maxestuosa no porto de Laxe