Showing posts with label Agatha Christie. Show all posts
Showing posts with label Agatha Christie. Show all posts

Thursday, January 12, 2017

Fan Letters to Agatha Christie

We have devoted previous entries to the queen of the roman noir, writer Agatha Christie, who I profoundly admire since she provided many hours of entertainment in my younger years and who died on this day in 1976. The bestselling writer hoarded hundreds of letters from her readers which were published for the first time last year (2015) to mark the 125th anniversary of her birth.

Source: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Agatha_Christie_plaque_-Torre_Abbey_portret.jpg


A summary of these letters was included in this Guardian article, which I am partially including below:

[The letters] include a note from the author PG Wodehouse and a Polish woman in London, who told how one of Christie’s novels helped her to survive a wartime labour camp in Germany. The woman exchanged a piece of candle for a Polish translation of Christie’s The Man in the Brown Suit.
“I read and reread (it) so often that I almost knew it by heart,” she wrote. “The first few pages were missing so I didn’t know the title or the author but for seven months it was my only link with a normal world.
I know your writings have given pleasure and amusement to millions of people all over the world but never can one of your books have meant more to anyone than that tattered Polish translation did to me.”
Christie, who penned 66 detective novels and 14 short story collections, also treasured a 1958 letter from a 14-year-old boy in Bristol who started a book club at his school so he could raise funds to buy her work.
“I have bought 28 books by you and this is how I have managed it,” he wrote. “I charge the boys 3d per book to read at school, and 6d if they wished to take them home.
“With the money I obtained... I bought more ‘AC’ books... Now my scheme is bringing in so much money, I can afford to buy one of your books a week.

Wednesday, October 26, 2016

Letters in Books: A antesala luminosa


A loucura é un tema recorrente na literatura occidental desde as súas orixes: A Biblia, os mitos, Homero ou o teatro grego trataron dela. Dostoievski (Crime e castigo), Agatha Christie (And Then There Were None; Appointment With Death), Harper Lee (To Kill a Mockingbird), Charlotte Brontë (Jane Eyre), Edgar Allan Poe ("The Fall of the House of Usher") ou Chuck Palahniuk (Fight Club) son só algúns dos autores que fixeron unha interpretación literaria da loucura, ben reflectindo e/ou cuestionando suposicións médicas, políticas, culturais, relixiosas e psicológicas do seu tempo. Son evidencias da nosa propia preocupación polo funcionamento da mente e o enorme espectro da experiencia psíquica.

Dentro desta fascinación pola loucura e a ameaza que supón, enmárcase A antesala luminosa (2015), de Antonio Tizón, que constitúe a primeira dunha tetraloxía de novelas protagonizadas polo inspector Xosé Sánchez Pereiro. 

Decadente e depravada, a novela case se podería clasificar como "folk noir" a pesares de discorrer entre Ourense, Madrid, Santiago e Coruña, contra o telón de fondo de acontecementos históricos coma o golpe de estado en España, a invasión das Maldivas, ou o goberno de Fraga.

A aparición de dous cadáveres calcinados na madrugada de San Xoán desencadea a investigación de Sánchez Pereiro, que se resolve de xeito sucinto nas seis últimas páxinas. Realmente é unha escusa, e máis ben examinamos un grupo de xente e as súas relacións, e nun nivel máis profundo, facemos unha análise interna (a través da novela dentro da novela) e externa (a través da análise de Sánchez) dos desordes mentais ou da progresiva perda de cordura de Gustavo Gallego.

Gallego é a besta no corazón do labirinto, e somos testemuñas da desintegración das súas dúas historias: a vital e a narrativa. Igual que a novela, que recibimos en anacos, a de Gallego é unha vida fragmentaria, anaquiños dun espello que non chegan a reflectir a luminosidade desa antesala múltiple que se anticipa no título. Unha estancia que se concibe coma as celas da colmea que aparece no soño de Gallego (p. 209), poliédrica, interconectada, preludio de nada: ás veces é o matrimonio ou o amor ("a antesala luminosa do altar", pp. 39, 49, 124), outras é a morte ("a morte era unha antesala luminosa que se cruzaba para chegar a outra vida", p. 83, 124), outras a loucura ("... cruzarías estoutra antesala luminosa, que é a loucura, que conduce ó recanto máis escuro da alma", p. 124), outras a morte ("á escura disolución da memoria na morte, que conduce ó inferno", p. 124, 209) pero en todo caso sempre ten ese carácter inevitable e mesmo fatalista.

Onde está a luminosidade? Non hai solaz na desolación  da tolemia, non é "fantástica, non é creativa, non é marabillosa, non é bendición ningunha" (p. 126). Porque aínda que Gallego pode ser un tolo "marabilloso e nada perigoso" (p. 95),  "un tipo extravagante cunha sensibilidade especial" (p. 117), unicamente a comida e bebida (descritas en todo detalle) e as visitas aos prostíbulos proven un disfrute, aínda que sexa temporal.

Neste mundo escuro, escusa o lector de buscar o  punto de non retorno, o que manda a Gallego "round the bend".  Quizais o accidente? Non o sabemos. Ao mellor nin sequera chegou a ese punto onde xa non hai volta atrás. Ou quizais se desdebuxa a liña que separa cordura e loucura. Outras personaxes pasean por esa antesala da loucura, coma Pedro Souto Varela. Ao fin e ao cabo, "a esquizofrenia está ao alcance da mente" (p. 29). O mesmo Sánchez asoma ao limiar desta antesala. Coma o detective arquetípico, adoece de algo que o imposibilita ou bloquea para as relacións (mesmo as conexións) humanas, e tamén coma o clixé, déixase levar por unha tenaz persistencia a fin de resolver o caso.

A prosa non é para minimalistas, arde a lume lento, alternando os capítulos de investigación de Sánchez, máis  estruturados e dialogados, cos extractos da novela de Gallego, unha narrativa de corrido, sen parágrafos e case obsesiva, psicótica, estresante.

Hai cartas na novela: As de María ao seu mozo (p. 136), e en especial, "a carta do encantamento" (p. 35) que escribe Gustavo Gallego con ansias de "comunicar, de facer literatura". E é este aspecto de metaliteratura, de reflexión do acto de escribir e de ler, o que máis gocei do libro:

"A información ou é crítica ou non é nada. Crítica no sentido de cribar. Para informar hai que cribar, hai que seleccionar, hai que traballar" (p. 79)

"...recitando en voz alta os seus poemas predilectos, coa esperanza de recupera-lo sosego, de volver á realidade" (p. 84)

"Ningunha frase, por conmovedora que sexa; ningunha bágoa, por auténtica que pareza, pode substituí-la forza dos feitos" (p. 105)

"Por iso escribía desde sempre, porque era a forma máis barata, accesíbel e gratificante de crear mundos ó seu gusto. Logo queimaba os escritos que non aguantaban o paso do tempo..." (p. 106)

"Sería verdade iso que din algúns escritores que son incapaces de le-los seus textos unha vez publicados? (...) Ou é que lle daba vergonza? Espirse ante os demais sempre dá un pouco de vergoña. E no caso da literatura, só se xustifica se se fai con dignidade, con calidade artística" (p. 218).

Thursday, September 29, 2016

Books in Stamps: Agatha Christie

Slate is a daily magazine on the web. Founded in 1996, we are a general-interest publication offering analysis and commentary about politics, news, business, technology, and culture. The Eye is Slate's Design Blog, and a recent article, included below, shows us some gorgeous stamps issued to honor writer English crime writer Agatha Christie.



Britain Releases Postage Stamps Embedded With Hidden Clues to Honor Agatha Christie




“Poirot and Hastings investigate the crime scene,” Sutherland said, “forming the skull, as the murderer used poison. The whole stamp is then reproduced in miniature on the poison bottle.”

It’s been 100 years since Agatha Christie wrote her first detective novel, The Mysterious Affair at Styles (published in 1920), giving life to Hercule Poirot. To mark the occasion, the U.K.’s Royal Mail has released a set of innovative stamps dedicated to six of her most famous works.

Designed by London-based Studio Sutherland in collaboration with British illustrator Neil Webb, the stamps are dedicated to key scenes and principal characters from Christie’s Murder on the Orient Express, The Mysterious Affair at Styles, The Body in the Library, And Then There Were None, The Murder of Roger Ackroyd, and A Murder Is Announced. 


“The killer with his knife is the shadow of the lead character,” Sutherland said. “His lover's suicide note he reads was the cause of his death, and this is reprinted in full in micro text. Point looks on from the flames.”



“The island is the profile of the unknown killer and host,” Sutherland said. “The poem, key to the plot, is the moon’s reflection. The mysterious U.N. Owen appears at the lit window.”


“The killer bursts in at a preannounced time (6:30) to shoot at the hostess,” Sutherland said. “She holds the newspaper where he announced his plans. UV ink reveals the clock face. Miss Marple appears on the scene.”

Mystery lovers can use UV light, body heat, or a magnifying glass to search for clues from each book that are embedded into the stamps using microtext and heat-sensitive and UV inks.






“Trying to sum up complex plots in one frame is tricky but very rewarding,” designer Jim Sutherland said in an email, “without giving anything away, other than the clues to the murderers.”


“Miss Marple investigates a body found in the library,” Sutherland said. “Her previous books appear on the shelves behind.”


“The red kimono character is a red herring, distracting the viewer from the killer hidden behind a heat sensitive ink curtain (you simply put your finger on the and curtain disappears),” Sutherland said. “The suspects are all printed in micro text along the train rail. I loved the idea that you need magnifying glass to read some of the clues—asstamp collectors use them as well as sleuths.”

Tuesday, August 30, 2016

Letters in Books: A memoria da choiva

Aínda que loce o sol brincadeiro de agosto, escribo sacudindo dos ombreiros as pingas envolventes e a humidade da textura nubrada de A memoria da choiva (2013), de Pedro Feijoo. Agradezo enormemente a Ana Mosquera a recomendación e a Dolores López o empréstito. Graciñas ás dúas!


Sinto especial afección polo xénero detectivesco e o roman noir, como xa vos teño comentado (Agatha Christie, Sir Arthur Conan DoylePatricia HighsmithHenning MankellStieg Larsson, Jo NesbøDashiell HammettDomingo Villar) e neste ano en particular, no contexto das novelas detectivescas debatidas no noso club de lectura, A memoria da choiva foi un feliz descubrimento.

Entre noir e novela de misterio, revisitamos escenarios cercanos e coñecidos coma Santiago, Vigo, Coruña, Padrón ou Arteixo da man de personaxes coma Aquiles Vega (cos seus contrapuntos desdibuxados Casaperda e Sevilla) e Sofia Deneb. O primeiro comparte trazos con Kurt Wallander, Sam Spade, Philip Marlowe ou Leo Caldas, sobre todo o seu sexto sentido detectivesco (sen ser detective!) pero tamén ten o seu aquel particular, como demostra a súa relación co seu talón (p.288) ou algún extracto coma este a seguir onde entrevemos as súas cordas sensibles: "Mira, eu non sei que cousa é esa felicidade pola que preguntas (...) con ela marcharon a plenitude e máis a felicidade. E o resto? O resto non son para min máis ca instantes soltos de algo parecido á calma. Pequenas, moi pequenas illas de tranquilidade no medio de grandísimas extensións de soidade. Un océano de tristura sen fin. Iso é para min a vida..." (p. 274). Pola súa banda, non atopamos en Sofía Deneb a típica femme fatale do xénero, nin tampouco unha Lisbeth Salander xusticieira, senón unha erudita competente cuxos coñecementos son imprescindibles para o entendemento (e resolución) do enigma.

O estilo de Feijoo é nu, crocante, brutalmente honesto, cunha combinación de descarnado realismo urbano e humor retorcido, lindando co hardboiled de Dashiel Hammett e o seu achegamento minimalista en The Maltese Falcon. Vaia como exemplo o ritmo comedido na descrición da reacción de Vega cando atopan o corpo dunha das vítimas (p. 79) que recorda á de Sam Spade liando un cigarro mentres lle anuncian a morte de Archer. Emocións que laten baixo a superficie, o emprego do understatement, non para enganar senón para aumentar o impacto da impresión no lector. 

O mesmo ocorre coa descrición dos personaxes, case ao estilo de Hemingway, breve, máis suxestivo que directo, pondo máis énfase nos substantivos que nos adxectivos. Non se nos dá unha longa descrición dos personaxes, máis ben preséntanse case como destapando unha botella sen servir o seu contido, deixando que o lector achegue o nariz e capte a esencia, o aroma, as sutilezas de cada un deles.

Ademais, hai cartas na novela,  hai e-mails con poemas (cruciais na trama) e hai poesía na prosa:

"E valéndose moi partidariamente da escasa correspondencia persoal que dela se conserva" (p. 160, 161)

"E cóntase tamén que, entre tanto, o pobre rapaz ía morrendo coa dor no peito e a mágoa no corazón. Por que non recibían resposta as súas cartas?" (p. 166)

"Unha canción triste de melodía amarga que todas as pedras da cidade cantaban en silencio, os seus ollos cegos postos no máis escuro do firmamento" (p. 382)

"Exacto, señor De Brión, exacto: o noso mal é o noso propio corazón. Témolo ferido. E, señor, canto nos doe, canto nos doe!, a nós, que sabemos que non se pode sandar dos males do corazón porque a Choiva nolo dixo" (p. 316)

"A xente, señor Vega, xa non escoita os poetas. Non. Xa ninguén dá un peso por nada, e ninguén fai nada por ninguén. Esquecérono todo, a gente esqueceu as persoas, e as persoas esqueceron a poesía. E os versos, señor Vega, os versos sentiron gana de morrer" (p. 421)

estrutura recorda de novo á de Hammett: un comezo humilde (a resolución dun asasinato) que vai escalando en intensidade para convertirse nunha cacería que nos levará por algunhas arañeiras e MacGuffins, acentuando así o escuro misterio  que constitúe a elaborada trama da novela. Se en The Maltese Falcon andamos tras do falcón, en A memoria da choiva, saímos co paraugas a un mundo inconstante e corrupto onde nada (nin a propia historia) é fiable, e procuramos a revisión do mito a través dunha historia intensamente fermosa. 

Thursday, April 28, 2016

Letters in Short Stories: "The Purloined Letter"

Arthur Conan Doyle, Agatha Christie e Edgar Allan Poe, por esta orde, acompañáronme nos anos de preadolescencia e proporcionáronme  agradables momentos de suspense e misterio tentando xogar aos detectives e adiviñar o desenlace ou outros máis inquedantes de terror e medo. Máis tarde, durante a carreira, puiden ler as súas historias e poemas en inglés, e foi unha experiencia máis gratificante sobre todo a nivel estilístico e lingüístico, pois Poe tiña unha gran paixón pola lingua, un desexo de revitalizar palabras pouco comúns e mesmo crear outras novas (podedes ver exemplos nesta páxina).

E por suposto, tamén Poe dá protagonismo as cartas,  por exemplo nunha das súas historias "The Purloined Letter" ("A carta roubada", 1844). Esta é a terceira das súas historias detectivescas (a que el consideraba a mellor) onde aparece C. Auguste Dupin e xunto coas outras dúas ("The Murders in the Rue Morgue" and "The Mystery of Marie Rogêt"), considéranse as predecesoras do xénero detectivesco moderno.

O curioso epígrafe da historia Nihil sapientiae odiosius acumine nimio ("Nada é máis odioso á sabiduría que a intelixencia excesiva") é atribuída a Séneca aínda que non se atopa na obra do filósofo estoico, de feito pertence ao tratado de Petrarca "De Remediis utriusque Fortunae", e vén dicindo algo así como "Non me sexas tan agudo, tan listiño". Abre a historia de modo moralístico e Dupin ben podería aplicarlle esas palabras ao Minister D, o "unprincipled man of genius" a quen a súa intelixencia extrema lle fixo perder o bo xuízo pois está tan obsesionado coa intelixencia demostrada no roubo e no escondite que se lle pasa por alto a estupidez de sobornar a unha dama da realeza.


A historia en si, coma o título indica, xira en torno a unha carta roubada a unha muller, e persoalmente, creo que vos recordará un pouco a "A Scandal in Bohemia" (1891), pero iso gardámolo para outra entrada. 

Aquí vos queda tamén unha adaptación do 1949 a unha serie de televisión, Suspense, iso si, sen os flashbacks nin a riqueza da historia orixinal de Poe.