Showing posts with label Mariló Vélez. Show all posts
Showing posts with label Mariló Vélez. Show all posts

Thursday, August 24, 2017

Words in Books: Terraza


Señores e señoras, mozos/as e anciá(n)s, lectores/as e non lectores/as:

Vaise achegando o remate do verán. E que, ho? Non é motivo de tristura, pois achégase o bendito outono e a súa cálida decrepitude. 

Case todos nós, aforrichas das últimas raiolas de sol, apuraremos o café nas terrazas con vistas ou sen elas xa correndo na roda da rutina. E saben que? Non hai mellor momento cá este, si este mesmiño, para ler o poemario Terraza (2017) do escritor Fran Alonso.

É un libro para nós, para unha nación de curiosos, para seareiros do señor Hitchcock e de Rear Window. O concepto de sentar e mirar. Non para relaxarse, senón para, de xeito case cinematográfico, indagar nas vidas dunha comunidade enteira. Fascinante. Temos a poderosa impresión de somerxernos na atmosfera da cidade: ruidosa, apurada, intoxicante, imparable. Metémonos tamén nas vidas privadas dos/das que nos rodean, un zoo de rinocerontes, serpes, iguanas, pelicanos, avestruces e caimáns onde procuramos a voz da cordura.

Ficamos traspostos polo  voyeurismo e no ameno exercicio de disección antropolóxica e sociolóxica onde se suceden unha serie de tipos (as adolescentes, os parados, o camareiro, as mulleres de mediana idade, a xitana, o que fala só) e temas (as redes sociais, o paro, a crise, o paso do tempo e o ritmo acelerado de vida, e mesmo a morte). Verso tras verso, ao tempo que nos arrefría o café, sentimos como nos imos acompasando ás constantes vitais da cidade,  inspirando o romanticismo das cores do mar e do ceo, expirando o fume dos cigarros e a  feluxe das emisións das motos, latexando coa chegada regular dos autobuses e capelexando ao ritmo da música das teclas do móbil.

Aí fica a recompensa da lectura: esa visión multi-canle, panorámica aberta dunha bisbarra sesgada polo ollo que grava, que escribe, obsesionado co paso do tempo e que busca casar cos seus estadios e posibilidades sen renunciar ao nomadismo.

"...
Dentro dun mes, as voces
perderán ese fulgor
que as fai parecer novas;
soarán afónicas, afectadas,
humedecidas
polas primeiras chuvias
de arroz
que a vida
deita sobre os días
detrás de cada reincorporación 
estival.
Ese sabor lánguido 
e cíclico da vida" (p.12)

"...
Van e veñen,
volven,
as motos;
pérdense montadas por traseiros
que se amarran aos seus lombos
coa seguridade de sentir o universo
baixo as nádegas,
con esa arrogancia impresa
da velocidade" (p.17)


"...
Hoxe o ceo está ateigado de fragmentos
de papel hixiénico e alguén
manchou de gris o anaco mínimo
de mar que permiten ver os edificios" (p.24)

"...
Pero intúo que o verán tamén
camiña en cadeira de rodas e quen
o empurra é o outono, entenrecido,
solidario e condescendente
coa estación que engrosará as listas
do paro temporal" (p.27)

"...
a escrita non deixa de ser
un exercicio exótico
 nunha sociedade que muda
de pel e está en carne viva.
Por iso o poema 
que escribo
me delata 
tan perigosamente" (p.31)

"...
Ao rapaz que fala co vento
marchoulle a última palabra
da boca. Agora atravesa o parque
e desaparece.
Como o pardal" (p.61)

"...
eu só penso nese día, probablemente 
moi próximo, en que as derradeiras 
melodías desaparezan tamén
desta terraza.
E eu con elas" (p.65)

"...
Neste tempo, as persoas 
entretémonos deixando pegadas
nas redes sociais a xeito
de Polgariño" (p.70)

É unha lectura de pre-outono (chiscadela, chiscadela, Mariló Vélez), un "guiñapo de la realidad", como diría Pedro Guerra, que merecerá unha relectura atenta, pois é unha obra mestra da suxestión e a elipse.





Friday, August 19, 2016

Words and Music of the Heart: Narci Rodríguez and Marcos Pin

Last Tuesday and following Mariló Vélez's recommendation, we went to one of the concerts scheduled in the programme "Feito a Man" in Santiago de Compostela, by Narci Rodríguez and Marcos Pin.

It was the first time I had heard about these talented musicians - however, the concert was fresh and delightful, presenting a romantic song cycle, beautiful, intelligent, combining intimistic pieces such as "Isn't It Romantic" with more playful songs such as "Get Your Kicks On Route 66", with the virtuosic music  and dazzling chord-punching of Marcos Pin, who provided the thrilling high-energy rhythm. 

Rodríguez's velvety voice was equally captivating while singing or reciting Fernando Pessoa's poem: 


O Mundo não se Fez para Pensarmos Nele

O meu olhar é nítido como um girassol. 
Tenho o costume de andar pelas estradas 
Olhando para a direita e para a esquerda, 
E de, vez em quando olhando para trás... 
E o que vejo a cada momento 
É aquilo que nunca antes eu tinha visto, 
E eu sei dar por isso muito bem... 

Sei ter o pasmo essencial 
Que tem uma criança se, ao nascer, 
Reparasse que nascera deveras... 
Sinto-me nascido a cada momento 
Para a eterna novidade do Mundo... 

Creio no mundo como num malmequer, 
Porque o vejo. Mas não penso nele 
Porque pensar é não compreender ... 

O Mundo não se fez para pensarmos nele 
(Pensar é estar doente dos olhos) 
Mas para olharmos para ele e estarmos de acordo... 

Eu não tenho filosofia: tenho sentidos... 
Se falo na Natureza não é porque saiba o que ela é, 
Mas porque a amo, e amo-a por isso, 
Porque quem ama nunca sabe o que ama 
Nem sabe por que ama, nem o que é amar ... 
Amar é a eterna inocência, 
E a única inocência não pensar... 

Alberto Caeiro, in "O Guardador de Rebanhos - Poema II"


The highlights: the poem above (of course);  "Prelude to a Kiss", the "blackest" song by Duke Ellington; and the improvised backup vocals by an American passerby who decided to join the show (see the last picture).










E as bossa novas de Narci Rodríguez vanse a Brasil con María.
Graciñas, Narci!


Friday, May 6, 2016

Letters and Writing: A Touching Story

O xoves pasado, cando rematei as clases e parei un momento no noso despachiño, atopei unha grata sorpresa enriba da mesa.

Que xeito tan agradable de rematar o día! A remitente é Mariló Vélez, unha compañeira que é moito máis que profesora de inglés: unha muller á que admiro, polifacética, artística e creativa que é coma un prisma no que vas descubrindo beleza segundo o xiras e ves as súas diferentes caras.

Na carta, Mariló comparte con nós unha historia fermosísima que vos transcribo aquí.

Toda unha artista. Ollade o faro de gancho

De como aprendín a escribir.

Eran os bonitos anos 70. Aínda non ben tiña eu catro anos e por suposto non había internet, nin nada parecido. Por non haber, non había teléfono no lugar de Suevos (de onde veu miña nai) nin na pequena vila de Calañas (a casa de meu pai).

Eran os tempos nos que tantos españois emigraran a Alemaña, a Francia e a Suíza. Eran tamén os tempos nos que nos comunicabamos por carta cos nosos maiores, porque había que dar noticias de un, aínda que fose cada quince días.

Naqueles tempos escribir cartas era aínda unha sorte de cerimonia, ou polo menos así era na miña casa. Tiñamos un papel especial, raiado, para escribirmos dereitiños. Aínda miña nai conserva un bloc que por fóra pon “Misivas” porque non lle gustan os folios. Meu pai tiña un conxunto de catro bolígrafos nunha peaña. Eran os intocables, só se podían usar para cousas importantes como encher documentos ou escribir as cartas aos avós ou aos irmáns.

Lembro perfectamente que todas as cartas empezaban do mesmo xeito. Escribir cartas era unha cousa moi importante e aos pais tratábaselles de “vostede”; e así, cando meu pai, que tiña unha caligrafía moi bonita, empezaba aquel ritual co seu bolígrafo negro, poñía sempre:

Queridos padres

Espero que al recibo de estas letras se encuentren bien. Nosotros estamos bien, G.A.D.

Aínda que nunca fun unha nena de falcatruadas, devecía por ler e escribir, e cando meu pai pousaba a carta dobrada na estantería da cociña para que miña nai a metese nun sobre, eu collíaa e pedíalle a miña nai que ma lese mentres eu ía sinalando as palabras co dedo.

Un día collín o boli vermello da peaña. O boli intocable, o boli das cartas e os documentos importantes e repasei unha a unha as letras que meu pai escribira con tanto agarimo e coidado. E así fixen coa carta dos avós de Galicia, coa dos avós de Huelva, coa dos tíos de Badalona e a dos de Portugalete.

A meu pai non lle gustou moito, porque tivo que volver a escribilas todas, pero eu empezara a aprender a ler e escribir. O resto do traballo fíxoo a cartilla de Palau (e a obstinación, claro).

Como me atrevín a coller o bolígrafo intocable? Porque coidei que ía facer algo importante.


Mariló
Xa vos dixen que era unha historia fermosísima! Mil grazas, Mariló, por compartir con nós estas palabras da man ao corazón. A túa caligrafía perfecta mesmo invita a imitarte e repasar as letras unha a unha.