Showing posts with label Luís Valle. Show all posts
Showing posts with label Luís Valle. Show all posts

Saturday, September 5, 2020

The Heart in Poems: Luís Valle (VII)


E SÓ ESCOITO A CHOIVA!

[...] Penso en ti,
e o amor tece
no meu corazón un bosque
que soña,
e a palabra choe estrelas
ateigadas de noite
sen nada,
e a noite cerca
sen descanso a luz,
borrando os vieiros,
apagando as lámpadas…

[...] Alzo a ollada cara a ti…
E só escoito a choiva!

En Óstraka (2019)

Friday, August 7, 2020

Words in Poems: Luís Valle (VI)


PALABRA: fugaz baleiro
no baleiro, floración
de beizos afogados [...],
verde fulgor
da verdade sen rostro
que rexeita
o silencio: secreto
buraco do espello
no centro do alfabeto,
onde as vidas e 
a morte
se bican e separan
en sí-
labas, de raio en raio. [...]

En Óstraka (2019)

Thursday, July 2, 2020

Words in Poems: Luís Valle (V)


OS OITO VENTOS

[...] Cando os merlos se desprendan
como bágoas afiadas
cara ao abismo da vileza
e a fiúza reúna os oito ventos
nun só berro,
que as palabras medren
como a mostaza
no ángulo máis apartado do verso
e esgoten
o alento da luz
nunha infinda promesa silenciosa…

En Óstraka (2019)

Monday, June 1, 2020

The Heart in Poems: Luís Valle (IV)


O PARTE
[...] Ás veces, desexo arrincar
eses ollos que
ao mesmo tempo
acusan e rouban
e converter o seu corazón
en síncope de sombras [...].

En Óstraka (2019)

Wednesday, April 15, 2020

Words in Poems: Luís Valle (III)


PUNTO MORTO

[...] Palabras: [...] fiestras caídas
a oídos do Creador, [...]

[...] patas do carrizo moribundo
que continúan o texto
un punto por debaixo do 
punto morto. [...]

En Óstraka (2019)

Tuesday, March 10, 2020

The Heart in Poems: Luís Valle (II)


[...] CANDO A LUZ SÓ SEXA
Un berro mimético
e o corazón esperte
coa fraude da alborada,
comeremos
desa briza maceira
que oclúe
o centro do Xardín
e beberemos
dos nosos corpos
coma se fosen fontes
sen fondo
até convertérmonos
nestas pedras. [...]

En Óstraka (2019)

Thursday, February 27, 2020

The Heart in Poems: Luís Valle


JUNKIES

[...] Incesantemente
colócome no teu corazón
para que me acollas ou repudies.

[...] Incesantemente
colócaste no meu corazón
para que te acolla ou repudie.

Así, continuamos o Libro…,
sen saber cal é
a próxima palabra.

En Óstraka (2019)