Showing posts with label Carballo. Show all posts
Showing posts with label Carballo. Show all posts

Sunday, November 3, 2019

III Encontro Galego de Postcrossing: Mostra de postais

Como vos anunciamos onte, o día 23 de novembro de 2019 terá lugar na Biblioteca Rego da Balsa (Carballo) o III Encontro Galego de Postcrossing. Estes encontros constitúen unha oportunidade de conectar con persoas interesadas na comunicación escrita en versión analóxica (postais) e de desvirtualizar a outras coas que interactuamos nas redes sociais.

Do mesmo xeito que fixemos nas anteriores xornadas en Ribeira e Pobra do Caramiñal, preparamos unha exposición no primeiro andar da Biblioteca Rego da Balsa coas postais da colección persoal. Nela podedes ver cartóns de diferentes países do mundo, organizados en grupos que me parecen interesantes: postais turísticas, ilustracións, postais relacionadas coa arte, ou coa gastronomía. Noutro dos expositores tedes unha mostra da miña colección persoal de postais e selos de faros. Nun último grupo máis ecléctico podedes ver:
  • chain cards, é dicir, postais que non teñen texto senón que só enviamos e completamos con selos ben de temática libre ou cun fío condutor (o teatro,  diversidade funcional, música e cantautores, literatura, etc);
  • exemplos de postais que recibín doutros encontros de Postcrossing;
  • mail art en sobres e postais;
  • o anverso de postais de diferentes países escritas en diferentes linguas.




Ademais, na pranta baixa hai un estante coa miña pequena biblioteca de libros relacionados coas cartas. É a miña pequena ofrenda a unha biblioteca que a min tamén me deu moito.

Convídovos a que pasedes pola Biblioteca Rego da Balsa para curiosear tanto nos libros como nas postais e vos animedes, se vos apetece, a deixarme as vosas impresións por escrito no seguinte enderezo:

Diana Pastoriza
Apartado de Correos 201
Rúa do Franco nº 4
15780 Santiago de Compostela

Saturday, November 2, 2019

III Postcrossing Meetup in Galicia (Carballo)- Send us your postcards

A while ago, back in April 2016 we celebrated the I Postcrossing Meetup in Galicia in Ribeira. Some months later in the same year, we were happy to hold another meetup, the second one, in Cabana de Bergantiños.


We are now organizing third one in Carballo, a municipality in NW Galicia, half-way between Santiago and Coruña. It is easily reachable by bus from both cities and it is really worth a visit.



Source: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carballo


A while ago, we wrote a couple of entries about the gorgeous works of art you can see around town (read them here and here). Quite logically, street art is actually the topic chosen to articulate this meetup, therefore we would definitely be grateful if you chose a card depicting graffiti or urban art. If not possible, another postcard will be fine, of course, and you can use it to tell us about your perception of street art.

These questions could act as prompts and give you some ideas about what to write about: Have you ever been involved in creating graffiti or street art? Do you know any graffiti artist(s)? Have you ever taken a street art tour? Is graffiti always political?

Feel free to send us a postcard and we will send you back another one specifically designed for this occasion and signed by all attendees to the meetup.

Please, address your cards to:

Biblioteca Rego da Balsa
III Encontro Galego de Postcrossing
Rúa de Bos Aires s/n
Carballo - A Coruña
SPAIN


The meetup will take place in Carballo on Saturday, November 23rd 2019 and this is the plan for the day:

VENUE
Biblioteca Rego da Balsa (Carballo)





SCHEDULE
10:30 - 12:00 -  (At Biblioteca Pública Rego da Balsa) Visit the postcard exhibition and Postcrossing Meetup

12:00-13:00/13:30 - Street art tour  (departs from Biblioteca Pública Rego da Balsa)

13:30 - Lunch at a local restaurant

WHO CAN COME?
Anyone interested in letters and postcards. Any age. Children are welcome as long as they come accompanied by an adult.

If you would like to have lunch with us, please drop us a line at bookclubberrib@gmail.com so that we can make all the necessary arrangements.

Looking forward to receiving your cards!

Saturday, September 22, 2018

Letters in Poems: Yurimia Boscán


NOTA

Te dejo la comida en el micro
si puedes
pasa por la luz.
Quizás venga tarde. 
Te amo

P.D. : Anoche fue rico

Monday, August 13, 2018

Words in Books: Contos mariños de Carballo



Dicía Manuel María nas súas "Verbas ao mar":


Eu de min só sei dicir
que o mar comeza no meu sangue.
O que non sei
é se o mar caberá na miña alma.

E imaxino ese esforzo por apretar, arrexuntar, engruñar e empuxar para tentar facer caber o mar na alma. Ir enchendo sen saber se a alma ten límite de volume ou é coma un buraco negro. Carrexar e carrexar coa ilusión de capturar a inmensidade.

Xabier Maceiras fai un exercicio similar en Contos mariños de Carballo (2017) e como indica o poema de Paco Souto (a quen está dedicado o libro, por certo), captura "tanto naufraxio e tanto amor" como hai nos once quilómetros de liña costeira de Carballo.

Recolle nas súas páxinas historias de combates aéreos, afundimentos, naufraxios, mortos, lendas e anécdotas "agochados no máis profundo da memoria dos maiores das parroquias costeiras de Carballo" (p.11) así como descubertas froito de "moitas horas de investigación nos arquivos e nas hemerotecas" (p.12).

O libro, editado polo Concello de Carballo, é un meritorio exercicio de conservación do patrimonio mariño que nos permite descubrir o vencello desta zona co mar e coñecer a súa memoria histórica. A vaguidade do título permite acubillar feitos e lendas, aventuras notables, historias de persoeiros coma Urbano Lugrís, Franz Müller, Juan Antonio Posse ou Benito Soto ("o último pirata") e desastres e traxedias que acabaron en morte ou supervivencia.

A fiada narrativa é unha viaxe multimodal por mar, terra e e aire. Descendemos ás profundidades, descubrindo cidades asolagadas, pecios, (suposto) ouro afundido e baleas cazadas por mariñeiros de  Caión e Malpica. Emerxemos á superficie do mar embravecido que fai embarrancar, afundir ou perder a súa mercancía a embarcacións varias. 

Por veces, condúcenos ao conforto da ribeira, ao límite entre o mar e a terra onde chegan crebas de todo tipo: impresoras, matamoscas, madeira ou mesmo unha mensaxe nunha botella. Adentrámonos terra adentro nas historias da explotación do volframio no Monte Neme, do roubo de area en Baldaio, do nazi do cemiterio de Rebordelos, ou do Pacoret que embarrancou en Baldaio e se estableceu alí.

E somos aire con ese case-aeroporto nas marismas ou as avionetas que se quedan sen combustible ou teñen que ser remolcadas por tractores.

Un bo feixe de contos de salitre que nos levan de remuíño en remuíño por ese milleiro de fibras que tecen o vestido da alma e, como dicía Melville, nos conectan os uns aos outros como "fíos empáticos".

Grazas, Patri Fernández, por este agasallo delicioso.

"Benito Soto, o lendario pontevedrés da Moureira que, tras enarborar a bandeira da caveira e os ósos, a coñecida como "Jolly Roger", no seu bergantín Burla Negra, acadaría sona mundial despois de saquear e afundir unha decena de embarcacións (...) acabaría sendo xulgado por un tribunal británico que mandaría executalo o 25 de xaneiro de 1830. Tiña 26 anos e a lenda di que antes de ser aforcado berrou: "Adeus a todos, a función rematou" (p.27)
"Ata hai ben pouco tempo, percorrer a praia na procura destes despoxos do mar era unha actividade complementaria da maltreita economía litoral que tiña nome propio: andar ás crebas. Os crebeiros ou raqueiros conseguían levar para a casa pequenos tesouros cos que os agasallaba acotío o mar: unha boa viga, leña para o lume, botellas de vidro, cordas... Abofé que todo servía para facer un amaño e, se había algún naufraxio, o botín podía incluso venderse" (p.53) 
"Unha pintura que cando lle pedían que a conceptuara, o pintor do mar dicía que "é a versión plástica do meu mundo interior. Son profundamente galego; polo tanto cun mundo imaxinativo bastante rico: o da nosa raza. Pinto en galego, razón pola cal non podo ser realista" (p.147)
"Miguel Méndez, aquel cativo de dez anos que non se perdera detalle con todo o acontecido co Jesusa, tamén lembra que nas semanas posteriores ao naufraxio houbera xente que se achegara ao Pozo da Cercada para buscar ferro para vender... "quedara a máquina e a hélice; o resto xa se fora ocupando o mar de facelo desaparecer. Despois xa só quedaría a caldeira. Un día metérase dentro dela, para cortar os tubos, un veciño da contorna que tiña o bandullo ben grande. A canda el entrara un amigo seu que tamén fora ao ferro... A marea viña subindo e cando o do bandullo trataba de saír de dentro da caldeira, non era quen de facelo. O seu amigo, histérico, dixéralle: "Me cago en D..., saes ou córtoche a barriga!" Como fixeron non sei, pero acabarían saíndo e, despois a caldeira acabaría indo para Caión e alí, no porto, botaría ben tempo". (p.136)
Para saber máis:

Monday, January 22, 2018

Hands and Hearts in Street Art (II): Carballo

O século XXI trouxo consigo unha liberación dos medios artísticos no medio urbano, traspasando os límites do papel, o cartón e o lenzo e usando como marcos o asfalto, as beirarrúas, paredes e entradas de metro. A arte urbana xa é parte das nosas vidas e medra en popularidade e visibilidade como personificación do movemento, a liberdade e a espontaneidade. 

O mesmo espírito subversivo, ethos radical e linguaxe elaborada das hip-hop crews de New York e Philadelphia subxace nas obras que ocupan os espazos públicos en Carballo. Xa vos falaramos dalgunhas delas nesta anterior entrada, pero o número de traballos dos grafiteiros vai medrando, enchendo a vila de escenas vibrantes que iluminan o gris do cemento omnipresente, interactuando coa paisaxe urbana e coas nosas pupilas. Aquí vos deixamos unha actualización, aínda que é mellor que vaiades para aprecialos en persoa.




















Tuesday, February 7, 2017

Words in Poems: Mario Benedetti (III)


(1920-2009)

La palabra

La palabra pregunta y se contesta
tiene alas o se mete en los túneles
se desprende de la boca que habla
y se desliza en la oreja hasta el tímpano

la palabra es tan libre que da pánico
divulga los secretos sin aviso
e inventa la oración de los ateos
es el poder y el no poder del alma
y el hueso de los himnos que hacen patria

la palabra es un callejón de suertes
y el registro de ausencias no queridas
puede sobrevivir al horizonte
y al que la armó cuando era pensamiento
puede ser como un perro o como un niño
y embadurnar de rojo la memoria
puede salir de caza en el silencio
y regresar con el morral vacío

la palabra es correo del amor
pero también es arrabal del odio
golpea en las ventanas si diluvia
y el corazón le abre los postigos

y ya que la palabra besa y muerde
mejor la devolvemos al futuro

Wednesday, October 12, 2016

About Writing: Inspiration and Prompts

O mundo da literatura non é tan illado como podemos pensar, pois os/as escritores/as non traballan no baleiro, senón que se nutren da creatividade, emoción e espírito doutros. Esa influencia vai ás veces alén do eido literario, incluíndo a inspiración moral e espiritual, como se intúe nas dedicatorias ou os versos alleos que preceden aos propios, que son un xeito de rendir homenaxe ou quitarse o sombreiro ante a escrita ou imaxinario do/a outro/a.

Eu só son escritora na acepción 1 do dicionario (no de lingua castelá, porque no de galega vexo que só existe unha), pero mesmo así débolle moito a moitos/as escritores/as, especialmente aos/ás poetas, aos que amo pola súa inmanencia máis que pola transcendencia, e porque fan cousas incribles coa lingua creando dados poliédricos que xogan co meu corazón, ás veces agarimándoo e outras golpeándoo. 

Unha desas combinacións de agarimos e sacudidas tivo lugar durante o mes de agosto na Biblioteca Pública Rego da Balsa, en Carballo, co obradoiro de creación literaria “Hibridar o imaxinario” (posible grazas á Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e a Consellaría de Cultura, e coa colaboración do Concello de Carballo). O obradoiro, impartido por Rosalía Fernández Rial, foi un luxo e unha marabilla de experiencia de aprendizaxe, non só polos contidos e o interesante xeito de traballar de Rosalía, gran mestra, senón tamén pola variedade existente entre os asistentes ao obradoiro: Álvaro, Antonio, Belén, Carme, Carolina, Élida, Elvis, Francisca, Gelasio, Gema, Ika, Irene, Juanjo, Lola, Rosamar e Santi. As miñas expectativas víronse máis que cumpridas e de todos/as me levo un algo que me achegaron a nivel persoal e literario.

Ademais, a última sesión foi impartida polo poeta Paco Souto, de cuxos versos falamos xa nunha entrada anterior



Despois de facernos reflexionar sobre tres aspectos da escrita poética (lingua, estilo e personaxes), Paco propúxonos empregar un texto del, “Metamorfose”, pertencente ao seu poemario e Caín, como pretexto ou base para facer unha reescritura, unha reinterpretación do tema nun máximo de dez liñas.



Este foi o meu texto:


POST-APOCALIPSE

Buscas nas cicatrices
das miñas pálpebras
os fósiles da terra
que me xunguiu.


As cadeas das pupilas
impídenche medir
a magnitude do cataclismo.

Anégaseche o corazón
mentres Medusa che rouba
a retina.


Ademais e aproveitando que a libraría Aira das letras convocaba o seu 5º concurso de micro-relato fantástico, enviei un texto inspirado neste poema orixinal, modificándoo para que se axustase ao tema “Os misterios da lagoa da Antela”. E velaquí vos queda:

Apoteose da metamorfose

As badaladas das sereas do campanario ecoaron no val, preludio da maldición apocalíptica. Retumbou nos nosos oídos o berro pétreo de Medusa, que nos encadeou as pupilas e nos obrigou a arrincar a pel.

O Limia, ansioso, mirou con degoiro os nosos corpos despelexados. Serpenteou polo val e lambeu violentamente a infección da nosa alma. Cos seus dedos líquidos, pintounos branquias de violeta intenso mentres os nosos berros afogaban. Rebentáronnos os pulmóns no choque contra a parede de algas, brillo turquesa escintilando no profundo.

Por fin, cesou o cataclismo. Aterramos na area do círculo lunar coas nosas colas de tritón facendo pliés de bailarinas. Os dedos rizáronse en aletas que ondearon na aperta do mar. As nosas meniñas vestiron gabardinas caleidoscópicas mentres as linguas bífidas tanguían a dozura do sal.

Ninfas, sereas e tritóns ao servizo do rei Artús ancoraron as dedas na cachemira dos limos e comezou a festa do bico do dragón.


Moitísimas grazas, Paco Souto, pola inspiración e por motivarnos!

Monday, October 3, 2016

Words in Books: Lupita. Un rincón de palabras

Carballo é unha vila pintoresca de contrastes. Nunca sabes que sorpresa te agarda en cada visita, e ese misterio non deixa de ter o seu atractivo, un sentimento que describiu moi ben na súa esencia KT Tunstall:  "The Beauty of Uncertainty".







Neste caso o descubrimento, despois de Chocolates Mariño e os impresionantes murais espallados pola vila (moitos deles agora tamén enriquecidos en connotacións polos textos de Rosalía Fernández Rialfoi unha pequena tenda con moito encanto, chamada Amai, na rúa Valle Inclán 20

A dona, Belén, ensinoume con orgullo e cariño os segredos desta cova das marabillas, comezando polo historia do local, que antes era unha imprenta, e que ela conservou ca súa alma de libro e espíritu de tinta: as plaquetas diferentes do chan, os mobles que ela mesma restaurou, os teitos,... 

Antes (Fonte: https://www.google.es/maps/)
Agora


Salvagardadas pola maxia das palabras, aparecen as riquezas deste reino de artefactos, obxectos e lámpadas marabillosas que só chegarán ao corazón dos que, como Aladín, ollen coa mirada do que nace dentro no profundo.







Belén conta emocionada como a entusiasmou este proxecto despois de anos traballando no mundo da banca, que a deixou desencantada. Ademais, é unha devoradora de libros, e falamos de lecturas, de Julia Navarro (Belén é moi fan de Dime quién soy (2010), eu só lin as dúas primeiras novelas desta autora) e de Joël Dicker (La verdad sobre el caso Harry Quebert (2013), Dolores prométoche que it's next on my list!).

Alén da conversa, Belén recomendoume un fermoso libro, Un rincón de palabras (2016), escrito e ilustrado por Cristina Ayala. Cristina di que “para un bo deseño hai que saber escoitar cos ollos, mirar cos oídos e falar coas mans”, e creo que constitúe unha poderosa declaración de intencións. O libro desde logo está á altura dese propósito. Lupita reflexiona con honestidade cáustica, como todos e todas o deberiamos facer, sobre a necesidade de buscar e crear un mundo de palabras doces, sinceras e boas. A través da ambigüidade, a historia de Lupita non é pechada, é o final do principio, un anaco da torta das emocións decorado coa arte das filigranas de fondant visual que constitúen as vistosas ilustracións. Non só a contido é fermoso, tamén o é o seu deseño, concepción e estética, con láminas impresas en papel de algodón 100% libre de lignina.

E así van eslimandO as palabras, coma caldO de azucre melOsO mentres nos refuxiamOs cOn Lupita nO cOntOrnO da O, couto das cousas marabillosas.