Showing posts with label María do Cebreiro. Show all posts
Showing posts with label María do Cebreiro. Show all posts

Saturday, July 21, 2018

Letters in Poems: María do Cebreiro (VII)


M. (9) (extracto)

Corrías diante de min empuxado polas regras do teu corpo longo e delgado, que non eran as do meu.

Un día, estando eu lonxe, escribíchesme unha postal sobre as parellas que paseaban de man dadas.

Foi unha soa vez, pero entendín que iso tamén era importante para ti.

Friday, July 6, 2018

The Heart in Poems: María do Cebreiro (VI)


M.P. (extracto)

1.
O meu corazón ardía como unha faísca e agora é duro como o pedernal. É duro como o daquelas dornas que rexeitaban os homes que as cantaban porque non eran deuses.

O meu corazón írguese como unha vela alta no maestro dun barco.

Saturday, June 23, 2018

The Heart in Poems: María do Cebreiro (V)


G. (4) (extracto)

1.
A idade do corazón non se mide por anos senón por voltas.

O froito da cebola non existe para que poidamos reducilo ao seu núcleo. As mans que o desenvolven non teñen corazón.

O froito da cebola é profundo baixo as súas propias regras. As cebolas confían, a non ser que as cortemos.

Non teñen corazón aínda que as fagamos chorar.

Friday, May 4, 2018

The Heart in Poems: María do Cebreiro (IV)


M. (4)/E.

1.
Hai nomes que queiman os dedos cando escribo, aínda que me deteta na inicial.

2.
A xente fala de superar a dor pero ningunha dor verdadeira se supera. Limítaste a entregala e logo esperas a que florezca como florece a flor branca das patacas.

3.
O tempo cura porque mata.

4.
Unha remolacha non é unha pataca. Ábrela e sangra nas túas mans, como sangraría o teu corazón se cho arrincasen.

Friday, April 6, 2018

The Heart in Poems: María do Cebreiro (III)



G. (3)

Non esquezas a terra mollada no fondo do pozo. Un día irás dereito á súa procura, farás con ela a casinha de lava que tu tanto querias. Alí nace a ferida da que vén a túa escrita.

Deixa que o sangue lave a ferida e te bautice.

Despois busca un escudo. O teu rostro (o rostro dun animal invisible) labrado na madeira. Es nobre e a túa carne precisa protección.

Na métrica procuras o que eu procuro no que non ten medida. Un corazón femenino, sen compás.

A túa idea da métrica vén cadrar, paso a paso, coa miña propia idea do infinito.

Os paxaros e os peixes apréndenos que aínda nós non sabemos nin voar nin nadar.

O poema non é un avión nin un barco. O poema protesta para que a carne deixe de ser carne. É unha protesta inútil.

(A túa pel, tan branca como un vaso de leite.)

Non esquezas que somos animais.



Monday, September 18, 2017

The Heart in Poems: María do Cebreiro (II)



Bangor

1
Non esquezas traer o corazón.

Pero eu quedei pensando nos hábitos do vento.

2

Perdemos o que é noso,
nin un paso máis lonxe que esta chuvia.

Un pouco máis ao norte, 
pecho as mans.

El tocábame os dedos.

3

No seu versei de la,
o mapa dunha lingua
sen exército.

Nin pura, nin mancada.

Para que serve a fame?

4

As patacas de Irlanda
non disparan.

Para que serve a fame?

5

Ao norte do que nunca imaxinei
hai un home deitado.

Pecha as mans.

Vou tocándole os dedos 
un a un
e non me saen as contas.

6

As ovellas de Gales
non disparan.

Ás veces levan números.

7

El nunca colle o sono.

Queres que sexa libre
e non me deixas.

8

As nación sen estado teñen vento.

En Non son de aquí (2008)

Monday, August 28, 2017

Hands in Poems: María do Cebreiro



Volverás a Santiago algunha vez?

Ti lévame a onde vaias, como fan as estrelas
coa súa música, e no oco das túas mans,
húmido e quente, onde quedar prendida 
do que contas, cos ollos moi abertos,
sabendo que a  miúdo os nosos feitos
non poden ser ditados polos nosos desexos,
que os pais tamén dependen dos seus fillos,
exércitos, mulleres do seu lado na cama,
cousas que abandonamos para despois choralas
onda o fío do teléfono. Algo de amor aínda,
en realidad tanto que non podo medir o que me falta
nin saber se estou fóra ou se choveu.
Pero cabes aínda nos primeiros segundos
de cada pensamento e na terra máis fonda
dos soños que romperon, e no último recordo,
ollos dentro dun coche coma se fosen faros
para o mar dunha costa que aínda non foi posible.
Capitán do meu barco, onde están os sinais?
Se te mordo, respondes? Hai unha guerra eterna
e o que se salva perde o seu lugar, que era
o lugar do outro, onde o corpo distingue
só as costuras da roupa e vai por dentro espido
como antes de nacer. Lévame á casa.

En Non son de aquí (2008)