Showing posts with label Pura Tejelo. Show all posts
Showing posts with label Pura Tejelo. Show all posts

Thursday, January 4, 2018

Letters in Poems: Pura Tejelo (III)



A elegancia do século

Tras os cristais escuros do vertedoiro iluminado pola xanela
onde escorría a louza branca e ben disposta,
a xentil figueira negra que sombreaba o patín da casa,
protexendo a conversa amable de antaño,
falou-se doutra invernia pasada.

Lembrou a casa feita sobre a terra da guerra
as cartas que se escribían ao ditado: 
"Querido cuñado, querido amigo e prezado...
saberás por esta que estou viva..."

Os tellados en vértice abrigábanse de figos secos que
        /pingaban
apertando coa súa carne o tempo de espera.
De alá chegaban cartas dos altos edificios de Correos
a foto do gabán co sombreiro aberto ao novo andar.

A elegancia do século
un periódico baixo o brazo nunha lingua distinta
alongando o paso pola ancha avenida que fala do triunfo.

Ela premeu coas dúas mans
a bandera das festas chea de rosquillas de anís.
Aireou o fino van apertado na aba
e berrou polos fillos cativos
para sandar co seu agarimo o dos ausentes.


Saturday, October 28, 2017

Writing in Poems: Pura Tejelo (II)



A casa de empeño

A     escritura     lenta                caligráfica
sábese       próxima     e          certeira
nas        breves     notas     do          albarán
entran      e    saen         coa       mesma          carga
todas      teñen             un   número
unha       bolsa  e        unha      cifra
un     tintinar            de       reconto.

As contas caen como      moedas no peto        dun avaro.
O aprazamento         a súplica          a promesa
O cálculo     sen regateo    nun clima en clave           de negocio
Unha dama de veludo negro e anel          de     ouro
Un clink! furtivo e inmediato.


Tuesday, August 29, 2017

The Heart in Poems: Pura Tejelo



As mozas lindas

Adeus dicían as mozas lindas desde as canelas
regaban geranios igual que se humedecen tumbas secas
e rían cores que xa non tiña a tarde.

Pasei por elas como un paxaro extraviado
pero non tiñan nome
só eran dedos que dicían adeus
e regresaban ao seu labor esquecéndome.
Eu tiráballes tarjetas de amor co meu nome e un número,
mais nunca chamaron.

Co tempo dime conta que era un cartel publicitario
e no seu corazón de papel non había lugar para esperanza.