Showing posts with label art. Show all posts
Showing posts with label art. Show all posts

Monday, September 17, 2018

Hands in Exhibitions: Johnny Werkbrouck


Fascinada polo traballo de Johnny Werkbrouck. Mostrou gran parte da súa obra ata o 24 de xuño nunha exposición no Brugge Jan Garemijnzaal (Grote markt).

Namorado do marmóre, cazador da autenticidade e a esencia das cousas, combina pedestais ou marcos inacabados, brutos, coa suavidade das formas rematadas nunha perfección obsesiva.

A fermosura son esas mans pétreas que escapan da frialdade buscando a caricia quente do contacto.




















Wednesday, February 7, 2018

Hands in Exhibitions: "Palace of the Holy Animals"

Okuda é un artista nado en Santander e afincado desde o 2000 en Madrid. Comeza no ano 1997 cun estilo claramente recoñecible, pintando na rúa, en vías e fábricas abandonadas da súa vila. Desde o 2009 produce obras máis íntimas e persoais no seu estudo, pero sempre mantendo o que el cataloga na súa biografía como "Surrealismo Pop" cunha clara esencia de rúa. Os seus traballos formulan as contradicións sobre o existencialismo, o universo, o infinito, o sentido da vida, a falsa liberdade do capitalismo, e amosan un claro conflito entre a modernidade e as nosas raíces.

Unha vez que ves unha obra de Okuda, identificas outras del ao momento: arquitecturas xeométricas e estampados multicolores que se funden con formas orgánicas, corpos grises sen identidade ou animais sen cabeza.

A súa linguaxe iconográfica é única e moi especial. Encaixa tanto a pé de rúa, como no remolque dun camión, na fachada dun edificio, no interior dunha igrexa ou na galería de arte máis chic

Tamén é singular o seu xeito de traballar. As súas obras adoitan ser de gran formato, pero el di: "No hago bocetos porque, con tantos proyectos como tengo, no tendría tiempo libre. Cuando estoy abajo, pienso lo que voy a hacer y me hago un esquema mental; y, cuando subo, lo ejecuto".




Podedes visitar as súas obras en India, Mali, Mozambique, EEUU, Xapón, Brasil, ... pero o que máis preto che queda agora é Madrid, onde será o artista invitado da XIII edición de Art Madrid, do 21 ao 25 de febreiro de 2018 na Galería de Cristal de CentroCentro Cibeles

As que aquí vos deixo son imaxes do Palacete del Embarcadero (Santander), dunha mostra que levaba o epígrafe "Palace of the Holy Animals" e que constituíu a primeira exposición individual do artista na súa vila natal. Nela puidemos facer un percorrido fotográfico polos seus murais recentes e por outra banda ver as súas creacións específicas para o Palacete, moi variadas tanto en temática como en materiais.














Para saber máis: 



Monday, January 22, 2018

Hands and Hearts in Street Art (II): Carballo

O século XXI trouxo consigo unha liberación dos medios artísticos no medio urbano, traspasando os límites do papel, o cartón e o lenzo e usando como marcos o asfalto, as beirarrúas, paredes e entradas de metro. A arte urbana xa é parte das nosas vidas e medra en popularidade e visibilidade como personificación do movemento, a liberdade e a espontaneidade. 

O mesmo espírito subversivo, ethos radical e linguaxe elaborada das hip-hop crews de New York e Philadelphia subxace nas obras que ocupan os espazos públicos en Carballo. Xa vos falaramos dalgunhas delas nesta anterior entrada, pero o número de traballos dos grafiteiros vai medrando, enchendo a vila de escenas vibrantes que iluminan o gris do cemento omnipresente, interactuando coa paisaxe urbana e coas nosas pupilas. Aquí vos deixamos unha actualización, aínda que é mellor que vaiades para aprecialos en persoa.




















Saturday, December 9, 2017

Hands in Art: "Testimonio"

Ata o 1 de abril de 2018 podes visitar Testimonio de Lita Cabellut (Huesca, 1961) no Museo de Arte Contemporánea (MAC) d'A Coruña. A exposición da pintora española máis cotizada está comisariada por Antón Castro e é un poema onde a imaxinación se desdobra en todas as direccións nunha performance virtuosa e heroica. Descubrirás a unha artista inqueda e esixente que con atención e exactitude vai representando a súa mirada, sen iluminación, artificio nin retoque. Seis actos dunha peza que vai debullando a emancipación da existencia, a soidade, a fugacidade da vida, a tolerancia, o silencio, a inocencia, o grito rebelde da xuventude e a confianza/desconfianza no futuro. Os títulos deses actos son un convite a romper a ilusión e ver a beleza da realidade: La mudez de la existencia, Las estrellas desnudas, Los acróbatas de la ciudad, El grito animal, El silencio blanco e La verdad.





“Para mí fue muy importante hacer una exposición recordando que en tiempos de crisis, todos los han pasado, pero el ser humano ha sido capaz de dejar testimonios muy fuertes”


La razón, El desafío, El temor, La justicia (2017) 

La poesía de la eternidad (2017)
Miffy (2014) 
Catastrophe of Heaven (2014)
Asociamos o retrato ao século XIX e hoxe en día pode parecer un pouco démodé. Pero na era das redes sociais e do voyeurismo descarado, igual non somos tan misántropos como finximos. Hai un certo deleite e satisfacción que se obtén de saber como é "o outro", aínda que non o coñezamos persoalmente. E nos retratos de Cabellut hai un ir alén das formas para, dun xeito case literario, reforzar a caracterización dos personaxes e o seu retrato emocional.

“Me ha elegido el retrato, y te diré por qué. Me ha elegido por el interés que yo tengo por el ser humano. Entonces, qué manera tan fácil y tan directa de poder acercarme a algo como es la ventana del alma, que es el retrato. Cómo pones las manos, cómo retrato esas manos, esos pies o esa posición del cuerpo (...) El retrato es psicología, es música, es matemáticas... Es mucho más que un retrato”

Ademais da función de reproducir o aspecto físico e psíquico, Cabellut recolle nos seus retratos a dimensión social, as características do noso ambiente cultural como unha pantalla onde proxectamos os medos e os desexos propios. 

Natasja (2017)
Katja (2017)

Magdalena (2017)
Gerard (2017)

Disturbance 07 (2015)
Petra 01 (2017)
Miriam (2017)
Merche (2017)
Norman (2017)
Disturbance 06 (2015)
Pintura poética, unha oda ao que se esconde tralo rostro, a beleza curiosa da ilusión óptica, un desfile de humanidade.

“La temática es un recorrido por la mente. Vamos a hacer un recorrido por mi mente y por mi corazón, cómo yo veo el mundo. Será en diferentes salas. Cada sala representa un grupo y un estado de ser. Son mis entrañas”

El cumpleaños de mi alma (2017)
Unfolding (2017)

Mi espejo (2017)
“Esta es la primera [exposición] donde voy a traer mis entrañas, voy a traer el taller. Va a ser la primera exposición con todos sus elementos. La primera donde voy a enseñar mi fotografía, mi escultura, voy a reproducir mi taller, donde vas a poder pasar y sentir donde yo pinto, mis mesas de trabajo las vamos a tener ahí presentes. Va a haber un videoarte... Es la primera donde yo me manifiesto como artista completa, con alguna poesía”



"¿Tú sabes el canto hondo? Te puede gustar o no te puede gustar, no sabes lo que es exactamente, pero viene de algo muy dentro, algo muy profundo. Es como vomitar la poesía... no sé lo que es. Eso yo no lo he encontrado, esa forma profunda pero casi animal de sacar belleza, en ninguna parte más en España fuera del arte gitano. Creo que sí, que yo pinto como escucho a Camarón. Cuando Camarón está cantando a mí me duele el estómago, lo siento, siento de dónde sale eso. Yo no pinto como Camarón, pero quisiera pintar como canta Camarón. Siempre digo que mi gran maestro ha sido él. Goya a la izquierda, Camarón a la derecha"

Uñas anónimas mías.
La distancia entre la yema de los dedos
y la materia dura... es fría.
No se besan,
indiferente al aliento de la tierra
que respira aire encogido.
En miles de semillas 
un relámpago 
entre mis dedos
y la vida.


As citas foron tomadas desta entrevista a Lita Cabellut en La Voz de Galicia e do catálogo da exposición, Testimonio (2017)