Showing posts with label Francisco Cortegoso. Show all posts
Showing posts with label Francisco Cortegoso. Show all posts

Wednesday, September 13, 2017

Words in Poems: Francisco Cortegoso (II)



A PALABRA OFRÉCESE Á BOCA
e toda esa densidade contida no seu rostro

ningunha, ningunha  - bágoa

man a man sostéñoa sobre o achegado da noite

caerá

se -- entón


man con man o día
como auga

se auga
trazares unha liña até a gravidade do seu gesto

se clara
desde alí lanzarei o meu nome cara a ti

xa pedra, pedra a palabra

como
de man en man --
inutilmente

se pedra

En Suicidas (2016)

Tuesday, August 8, 2017

Words in Poems: Francisco Cortegoso



DA TÚA VIDA __ tan só este verso pode ser cristal de voz atravesando
a palabra da boca mentres esa lingua moura onde Ti habitas,
onde te viven cando te pronuncian porque esa apenas o
transo deste son que eu son ou tamén o espazo onde nós
somos a nós o que a palabra ve: nunca escribimos as cores
mais o outro día este verso contemplou como trazabas sobre
a pel cor-de-todas-as-peles unha liña que te dicía, unha liña
cor-de-morte e, no entanto, alí ficaban todas as palabras que te pronunciaran



azul -- o teu ollo de palabras dicía

En Suicidas (2016)