Showing posts with label Lugo. Show all posts
Showing posts with label Lugo. Show all posts

Saturday, June 1, 2019

The Heart in Poems: Lois Pereiro (IV)




"Mi corazón está con el que un día,
quitado el brillo breve,  retirada la gracia
que hasta allí le alentó,
en bajamar hostil todo cuanto nos hace
dulce la realidad, leve la vida, adorable la luz,
saber decir: 'no importa'."

Carlos Bousoño
Corazón partidario

V

¿Que lle podo ofrecer a quen me intente?:
días contados de paixón inerte
e amor eterno sempre compartido
coa debela obrigada a unha existencia
amortizada en pagos usurarios
conjugando os verbos vivir e amar
en primeira persoa do plural
reducidos ás formas do presente.

¿Que lle podo ofrecer a quen me intente
se son un fío solto da esperanza
tecida e destecida
por Penélope?

xuño, 95

En Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

Thursday, April 12, 2018

Words in Poems: Gisela M. Gracias Ramos Rosa (II)




escrever sobre um rosto é traçar numa tela a matéria do silêncio
como desenhar um rio inscrito na pele?
há palavras na boca que dizem a palavra, o início, há palavras que dizem pão,
há palavras no rosto há palavras há rosto há un rosto de palavras
na minha mão,

há uma fricção entre o rosto do mundo e o mundo do rosto
há a Voz de um rosto que resiste e revela por entre as mãos

há num rosto um olhar e um espelho,
um animal insubmisso, há uma substância mental
num rosto encontro um mapa de alianças, um fluxo de água
num rosto confluem poema e tempo
uma melodia de palavras em gestação


Monday, April 9, 2018

Hands in Poems: Eduardo White (II)




Um beijo dentro do casulo escuro do sono, um beijo para que o murmures,
uma taça de luz em teus sonhos, uma espátula onde vivam todas as cores,
eu dou-te, meu amor, para que me sossegue com a tua alma.
Quero, também, as carícias leves das tuas mãos adormecidas sobre
o meu rosto,  aquela unha frágil que me risca a pele em seu tecido, o cheiro
doce e intenso e maresíaco do teu corpo, os peixes que te rondam a saliva e
as formigas, meu doce, que são os arrepios.
Um beijo que soe ao silêncio do nosso quarto, aos pequenos
Barulhos do bar lá em baixo, ao esvoaçar das cortinas corridas nas janelas,
da brisa tão fina sobre o espelho que nos reflecte, um beijo, amor, que
chegue fundo ao calor e o mexa e o polvilhe de mim até que em ti o desejo
se desperte.


In Bom dia, Dia! (2014)

Friday, January 26, 2018

The Heart in Poems: Inez Andrade Paes (II)




Borboletas são corações com asas
abanam-se como leques em mãos frenéticas umas
outras como mão acetinada

atiram ao ar toda a aflição em poeira metálica
que se prende na pele como luva brilhante e transparente

Borboletas com asas são pulsações de amor


Do livro Da eterna vontade (2015)

Thursday, January 18, 2018

Letters in Poems: Fran Alonso (IV)



Ignoro a que dimensión
puideron liscar hoxe
as pombas da terraza.
Por primeira vez o camareiro
tróuxome o café sen preguntar,
dando por suposto que o desexo.
Todo se asemella demasiado xa
a unha rutina.
Non hai case ninguén aquí.
Só tres mulleres maduras
que comparten unha mesa.
Unha delas - co pelo louro tinguido- 
degusta unha cervexa e asegura
que pola noite apenas cea para non
engordar. Outra fuma 
con pose cinematográfica
e exhibe con impericia
unha pamela decrépita
diante dun zume de laranxa.
A terceira, máis discreta, mostra 
un rostro con lentes de lenta lentura, 
leva pelo curto e sorbe un café.
Aseméllase a unha mestra que tiven
cando neno.
Unha fileira de ácaros pasea
indiferente sobre a mesa,
bañándose 
en diminutas partículas
de po.
O ceo énchese de píllaras
que debuxan no aire nubes de desexo
inalcanzables.
Hoxe o azul do mar móstrase
lascivo e insinúa
con timidez o seu candor.
Eu observo de esguello as tres
mulleres e - de súpeto- unha delas
mírame con teimosía.
É a que fala - a do pelo louro-
quen espeta en min a súa ollada.
Deduce que estou ocupado,
atento ás miñas propias cousas,
porque garabateo nun caderno,
asegurándose de que non 
lle presto ningunha atención.
Naturalmente non sospeita
que estou a escribir un poema
sobre elas.
Chega unha moza que está a piques
de sentar pero érguese axiña ao ver
pasar a muller que reparte as cartas.
Vai onda ela e pregúntalle algo.
Regresa cuspindo vermes azuis,
limpa o asento cun pano de papel
e senta á espera de que chegue 
o camareiro. Se cadra, non
recibiu a carta que agardaba.
Debe ser triste estar á espera,
como os que perseveran na parada
do autobús, vendo como pasan
as motos nerviosas
sacándolles a lingua.
Atravesa a terraza un home 
que suxeita
unha guitarra enfundada
pero leva escasa pinta de músico.
A música é un animal que vive
dentro de nós e o rostro dese home
semella deshabitado.
Detrás del, outra muller, de trinta
e pico anos, avanza cargada con
obesidade mórbida e a compra
do supermercado.
As súas cadeiras de rinoceronte
articúlanse torpemente, como
os autobuses en días de moito tráfico.
Xa non escoito o que din as tres mulleres
maduras que comparten mesa.
No que a min respecta, a do pelo
louro pode respirar tranquila;
eu só pensei nese día, probablemente
moi próximo, en que as derradeiras
melodías desaparezan tamén 
desta terraza.
E eu con elas.

En Terraza (2017)

Tuesday, January 16, 2018

The Heart in Poems: Laurie Anderson





Cuando vemos una radiografía de la cabeza de un chico, se ven los dientes definitivos por arriba de los de leche. Y estos dientes están listos para bajar cuando se caigan los primeros. 

¿No sería fantástico tener un segundo cerebro o un corazón de reserva y cuando el primero se rompe ocupe su lugar?

Tuesday, January 2, 2018

Letters in Exhibitions: "Galegos en Mauthausen"

Dachau, Bergen-Belsen, Buchenwald, Auschwitz, Mauthausen. Só os nomes soan a meigallo maléfico, portais á dimensión do horror. 

Mauthausen-Gusen foi un dos complexos de campos de concentración máis grandes da zona nazi de Europa, con catro campos principais en Mauthausen-Gusen e arredor de 50 subcampos localizados por toda Austria e o sur de Alemaña. Campos de escravitude, terror e morte, catalogados como campos de "Grao III", ou sexa, os máis duros para os "Inimigos Políticos Incorrixibles do Reich".

Ata o 29 de decembro houbo unha mostra no vello cárcere de Lugo presentada pola Asociación Galega de Amizade con Israel (Agai): "Galegos en Mauthausen" Xa vos falaba deste edificio nesta anterior entrada a conto da exposición de arte contemporánea “Dende o panóptico: cada cela unha fiestra”. É un lugar que sempre paga a pena visitar.

Esta mostra de Mauthausen constaba de  44 fotografías que sintetizaban a experiencia dos 177 galegos que acabaron internados no campo de concentración austríaco. Aínda que proviñan de diferentes provincias, a maioría deles, uns 18, eran das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.




A exposición amosaba documentos, cartas e fotografías destes galegos que levaron o triángulo azul dos apátridas cosido no uniforme. Algúns pertenceron a rexementos da resistencia que se uniron ás milicias francesas cando comezou a guerra. Uns 9.000 republicanos foron enviados a campos de exterminio (lager), de presos (stalags) ou, peor aínda, ao Castelo de Hartheim, onde eran gaseados despois de ser sometidos a experimentos científicos.  

Para os que sobreviviron, a vida despois de ser liberados tamén foi dura, pois estaban en terra de ninguén. Como apátridas, non podían volver á España franquista e era difícil instalarse en Francia. 

Houbo arredor de 190.000 prisioneiros/as en Mauthausen-Gusen, e deses/as, polo menos 90.000 foron asesinados/as. Algúns deles, da nosa terra. Mostras coma esta doen, pero contribúen á nosa educación histórica e política.  






A raíz desta exposición, descubro que hai un libro, Galegos en Mauthausen, froito da labor de investigación do historiador Enrique Barrera Beitia. Aquí vos queda unha peza audiovisual realizada por Xosé Abad e Sandra García Rey sobre os presos galegos en Mauthausen onde Barrera dá máis detalles.



Para saber máis:
  • Artigo en El Progreso (29/11/2017)
  • Entrada na bitácora Viva Lugo (Nov.2017)
  • Nova na web do Concello de Lugo
  • Artigo en El País (10/08/2011)

Sunday, December 31, 2017

Letters in Books: A nena do abrigo de astracán

O sentido de pertenza. Belongingness. Unha necesidade humana de encaixar e de sentirse conectado a outros. Un traballo en equipo en tanto implica aceptación de parte do propio individuo e do grupo. Ironicamente, o sentido de pertenza é apartadizo e xardesco e cómpre unha ligazón co zeitgeist, un aliñamento de experiencias compartidas ou polo menos unha serie de asentimentos de cabeza que nos enlacen co outro. Hai que buscar e coidar as palabras para xuntar e crear comunidade. Saber cales deixar saír e cales calar. Só así chegamos a conectar e permanecer ligados á persoa ou grupo que nos escoita no outro lado da canle.

En caso de emerxencia ou pouca habilidade propia, pódese recorrer a mestres e mestras dos ecosistemas das palabras. Eles crean o espazo onde compartir loitas, vivencias e soños comúns e fanche sentir o conforto do encaixe. Recompoñen o pasado, diseccionan o presente ou preludian o futuro.

Xabier P. Docampo é un deses mestres.  A nena do abrigo de astracán (2017) é un descenso a unha comunidade que é unha zona abisal, un adentramento na negrura co único abeiro dun rastro de luz para nos levar de volta á seguridade do fondeadoiro.

Moitos de nós tivemos a fortuna de entrar no universo literario de Docampo cando eramos nenos,  con aqueles contos que nos fixeron durmir coa luz acesa unha temporadiña (Cando petan na porta pola noite, 1994) e redescubrímolo agora, xa medrados e desde o afecto, cun deses libros que recordaremos toda a vida. Un libro que ademais evocou outras lecturas favoritas: Chocolat, Five Quarters of the OrangeLa ladrona de librosEl festín de Babette ou "The Yellow Wallpaper".


A novela lévanos de volta á infancia da man de Susana, "A Nena de Airas" (p.18). Doce aniños e un "ricto de relaxada tristeza, de tristura vella que xa parece coma unha expresión do seu natural" (p.19). A nena do abrigo de astracán do título, que nunca chora (p.99), debuxa na cómoda (p.169) e é a luz nunha vila na que todo está ao revés. En Ribadaínsua o canto do estorniño é o xemer dun home, a Virxe anda cos peitos ao ar, os fortes morren e os espellos devolven máis que a nosa propia imaxe. 
"A nena sorrí e a figura do espello faino tamén" (p.83) 
"Pero eran eles, a súa mala conciencia a que lles facía ver o seu retrato. Non era Antonina a que retrataba, funcionaban como espellos nos que cadaquén vía a súa verdadeira efixie" (p.371)
En A nena do abrigo de astracán, coma en Five Quarters of the Orange, comezamos amodiño, pois o xeito de contar e o tempo son esenciais. Nas primeiras 80 páxinas, os personaxes van desfilando un a un en interludios breves para crear un consumado e hábil retablo dunha vila imbuída nunha falsa quietude. Baixo ela, revólvense en escorzo o control voraz e o poder asoballante que sempre se mostra de costas, coma os retratados dos bosquexos de Nina.

Ribadaínsua, coma a vila de  Lansquenet-sous-Tannes en Chocolat, é unha fosa que o poder (do Caudillo, de don Amacio, dos homes en xeral) tenta manter en escuridade. Francis Reynaud e don Amancio son dúas caras dunha mesma moeda, un poder eclesiástico que todo o quere vixiar. Nunha sociedade eminentemente masculina, as mulleres coma Vianne (Chocolat), Nina, Engracia e Susana (A nena do abrigo de Astracán) ou Babette (El festín de Babette) fan cambalear a hipócrita piedade da vila pola súa propia esencia e a súa mente artística extraordinaria. A solución? Asfixialas, silencialas. Aplicarlles unha "cura de descanso" (coma á muller de "The Yellow Wallpaper") ou convertilas en parias.

Ante esa ameaza latente, Susana, coma Liesel (La ladrona de libros), aprende a estar alerta, a gardar segredos e ser coidadosa. Liesel atopa conforto nas palabras que deita no seu diario; Susana nos filmes e na pintura do caixón. Liesel chega a entender o poder das palabrasSusana irá aprendendo da vila e da madriña a falar e a calar, e descubrirá as grotescas consecuencias da autocensura e das decisións tomadas nese eido.
"Son desas cousas que suceden tan no fondo do corazón que non saen de alí nunca. Hai segredos, claro que hai segredos que ninguén chega a saber máis que aquel que os garda. Son cousas que non poden saír daquel lugar onde se gardan, porque cando tal ocorre, esvaécense e desaparecen antes de seren reveladas. Vólvense coma fume que non se pode pillar coas mans" (p.84) 
"Aquí ás caladas pasaron cousas terribles, como en tantos sitios, pero sempre se viviu coma se non pasase nada. Todos calaron, mesmo os que sufriron calaron tamén" (p.332) 
"... é un lugar cheo de silencios, demasiados silencios, moito calar de Noso Señor" (p.372)
Palabras que se tragan e palabras que se falan. Outras que se poñen por escrito: As dos libros, as dos xornais que Manuel de Brais le e as das cartas de Fernando. Estas últimas, palabras de tinta, poderosas e directas que cristalizan nunha historia que nos rompe o corazón. Palabras das de tocar que se convirten en talismán, en arma cortante nas mans do receptor. 
"Érguese de súpeto e colle as cartas de Fernando do seu escondedoiro. Non as le, só as ten na man. Volve erguerse e pecha os ollos con moita forza ante o espello" (p.164)
Palabras e historias que Docampo vai encaixando a golpe de claqueta e que resoan pola orde impecable na que están arranxadas, unha escaleta perfecta tanto na páxina como na estrutura global da novela. Os sete filmes que Susana vai vendo constitúen o encadramento da historia e dan título ás partes-escenas do libro: "Historias de Filadelfia", "Luz que agoniza", "O mago de Oz", "Rebeca", "A ponte de Waterloo", "Como era verde o meu val" e "A loba". A través deses filmes, a moza irá gañando entendemento e medrando, porque niso acerta a madriña cando asevera que "As películas falan das nosas vidas" (p.198).

A nena do abrigo de astracán é multimodal, multisemiótica. As evocacións dos filmes que nos vai contando a nena e a retórica do contido verbal son brillantes. Impactan algúns momentos destilados con claridade cinematográfica: a labazada da madriña  (p.166), o corpo de Isidoro chocando contra a superficie da auga (p.128); o "cunco da man de Aurelio" acubillando a da nena (p.132); a fuxida de Paulina (p.187); o lume na casa de Engracia (p.244) ou as bágoas de Susana (p.320).

Unha novela que inqueda, que deixa a pegada da culpa e o remorso. Ben contada, vitalista, triunfal e  tráxica á vez. Unha profunda e súbita visión do belongingness á galega, ese sentido de pertenza fráxil e enganoso na súa esencia.

"A memoria dos sucesos permanece por enriba de que as persoas se resistan a lembralos e, máis aínda, a relatalos. O ar garda as palabras todas que os poden contar, e iso fainos imborrábeis" (p.12)




Para saber máis: