Ata o 1 de abril podedes visitar no Museo Municipal de Ourense a exposición Zoon Politikon, de Tareixa Taboada. Componse dunhas cincuenta obras repartidas en varias prantas onde se combina o retrato coa escultura e a instalación artística.
Na pranta baixa, desfilan personaxes que van erguendo a pel da rúa para amosar as entrañas, contraditorias coma as tatuaxes que as esconden.
"Iberia" xoga á viaxe no tempo. Os séculos trincan no corazón de bronce, devóranno bocado a bocado. Mais os ventrículos rexenéranse porfiados, puntada a puntada.
"Freak show" atordóanos cunha explosión de cores que acende a imaxinación. Que esconde ese cromatismo rebelde? Estamos baixo a carpa dun circo ou é unha narrativa ficticia que leva implícito un comentario social?
Marchamos confusos. Fomos detectives, asasinos ou vítimas da ollada? Bravo, Tareixa!
No comments:
Post a Comment